• Os nosos remontan o gol inicial do Salvaterra. Todo por decidir o domingo que ven.

Ida da Final da Fase de Ascenso, encontro de Ida en Mirallos. Dise rápido esto agora, pero todos sabemos o largo camiño que nos levou ata aquí. O rival, a S.D. Salvaterra que se plantou en Mirallos con moita confianza e disposto a usar as súas mellores armas.

Os nosos saíron a este último encontro da tempada en Mirallos un chisco nerviosos e atenazados pola presión. Pero fóronse sacudindo estes nervios iniciais para entrar no partido. Adiantouse o Salvaterra nunha pérdida de balón no centro do campo morañesa, na que buscan rápido a banda e dun bo centro Samuel no minuto 9 remata á rede o 0-1.

Este gol lonxe de ser algo negativo para os nosos, foi o que precisaban para dar un paso adiante. Comezaron a ter posesión, a mover o balón e a buscar as bandas e de ahí xurdiu o empate no minuto 20. Cambio de orientación á banda de Lucas, que pon un bo centro para que Yoni poña o 1-1. Tivo que retirarse pouco despois deste gol Yoni, lesionado. O Moraña seguiu a pelexar e a encerrar ao Salvaterra e aquí estivo o porteiro visitante Aitor a un gran nivel para evitar que se ampliara a vantaxe.

Antes do descanso o Moraña poñíase por diante nunha xogada de córner que sacou Ferro e que Xoel remata en área pequena facendo o 2-1. Xusto tralo gol, se chegou ao descanso.

Na segunda metade o partido cambiou, cun Salvaterra que buscaba o gol do empate e o Moraña que buscaba coller unha maior renda para a volta. As ocasións foron para os dous lados, pero quen marcou foi o Salvaterra. Un lanzamento lonxano de falta que Elio remacha á rede no 69 poñía o 2-2. Os nosos non baixaron os brazos pese ao mazazo que supuxo este gol. Tivo Xoel noutro córner a opción do 3-2, pero Aitor de novo estivo espectacular.

Pese a todo, o 2-2 foi o resultado final. Queda todo aberto para o encontro de volta o vindeiro domingo. Impecable outra vez a afección do Moraña, animando en todo momento e axudando ao equipo. Agora, só queda un partido para dar o paso final. Ánimo a todos, a traballar, a competir e a dalo todo!!

 

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Caba, Lucas, Rober, Salva, Celso, Xoel, Yoni, Pablo, Santi, Chima e Ferro. Tamén xogaron Anxo, Borja, Kapi, Oli e Héctor.

S.D. Salvaterra: Aitor, Rafa, Borja, Elio, Jonathan, Pedro, Iago, Jorge, Gabriel, Rubén e Samuel. Tamén xogaron Adrián, Borja, Édgar, Noel e Iago.

Goles: 0-1 Samuel (min. 9); 1-1 Yoni (min. 20); 2-1 Xoel (min. 45); 2-2 Elio (min. 69).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario