• Empate na casa que mantén a racha sen perder do equipo

Xornada 30 xa,  nun Mirallos castigado pola climatoloxía e que non beneficiou para nada aos nosos e na que recibiamos á S.C.D. Puentecaldelas. Un encontro no que o Moraña seguía a xogarse cousas por arriba, e os visitantes tentaban escapar dos postos de perigo.

Ambos conxuntos saíron ao partido coas ideas claras e fieles ao seu estilo. Foi o Moraña quen golpeou primeiro. Celso ve un desmarque á espalda de Jony, dalle o pase e Jony primeiro cun gran control e logo cunha gran definición coa esquerda pon o primeiro no marcador. Era o minuto 21 da primeira parte.

Este gol espoleou ao Puentecaldelas, que viña coa necesidade de sumar, pero os nosos tamén xeraron moito perigo, con rápidas combinacións arriba.

O gol do empate foi un auténtico mazazo, non só por chegar xusto antes do descanso, se non por cómo ocorreu: pérdida en salida de balón, pase a Jacobo que xira e bate a Caba. Dábase a máxima do fútbol: o que perdona, acaba pagando.

Tralo descanso, saeu un Moraña moi enchufado con ganas de sacar os 3 puntos, pero coa baixa de Jony que se tivo que retirar por molestias, deixándolle o sitio a Velay. E foi este xogador que tivo que entrar por lesión quen puxo o 2-1 no 52. Unha xogada con varios rexeites na que lle cae o balón na frontal a Velay, e cun zurdazo bate a Caio.

Nos seguintes minutos as ocasións fóronse sucedendo, con incursións por banda do Moraña e un Puntecaldelas que non lle querían perder a cara ao encontro. Tiveron o empate nun remate con Caba xa vencido que sacou Héctor sobre a liña. Ferro deu a réplica, cunha gran xogada personal na que se foi de varios defensas, e Santi tamén tivo unha gran opción, na que no pase atrás, o balón da poste e sae fóra.

O 2-2 chegou no 83 nunha xogada moi desafortunada: balón largo que tenta despexar Roberto, o balón queda morto e Víctor golpea dende a frontal, o balón golpea en Salva e cambia a traxectoria facendo imposible a estirada de Caba.

Un novo mazazo a falta só de 5 minutos e case sen tempo de reacción, e 2-2 no marcador definitivo. Malia todo, nova xornada puntuando (e van 6 xornadas sen coñecer a derrota). Próxima estación, Figueirido. A prepararse e a seguir nesta liña!!

 

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Caba, Héctor, Rober, Salva, Celso, Julián, Ferro, Jesús, Santi, Chima e Jony. Tamén xogaron Xián, Isma, Velay, Fabio e David.

S.C.D. Puentecaldelas: Caio, Francisco, Pedro, Antonio, Rodri, Jacobo, Martínez, Miguel, Víctor, Álvaro e Damián. Tamén xogaron David, Jacobo, Óscar, Javi e Gabriel.

Goles: 1-0 Jony (min. 21); 1-1 Jacobo (min. 43); 2-1 Velay (min. 52); 2-2 Víctor (min. 83).

Compárteo!

Deixa un Comentario