• Victoria traballada no regreso á Primeira Autonómica.

  • Os de Luis Oliveira tiveron que remontar o gol de Mouriño.

Mirallos estreaba oficialmente a tempada 2019/2020 na tarde de hoxe. Un partido histórico, no que o Moraña voltaba a competir en Primeira máis de vinte anos despois. Os nosos, tras un bo traballo de pretempada, afrontaban o partido con moita ilusión, e gañas.

Foi o Zacande quen abriu o marcador, na primeira metade por medio de Wenceslao Mouriño no minuto 26. O Moraña non baixou os brazos, e mantívo o pulso do encontro. Tivo a sentencia o Zacande ao filo do descanso, cun penalti a favor no minuto 41 que non transformaron.

Na segunda metade, os nosos foron quen de darlle a volta ao encontro, e con goles de Pablo Porta no minuto 75 e de Pablo Lafuente en propia meta só dous minutos despois, deixaban o electrónico no definitivo 2-1. Primeiros tres puntos neste regreso á Primeira, e a seguir traballando!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Anxo, Iván Vidal, Ricardo, David Alexander, Pablo Porta, Castillo, Salva, Davor, Dani, Edu e Iván Goldar. Tamén xogaron Borja, Caba, Ferro, Rober e Teijeira.

Zacande F.C.: Lucas, Ramón, Jorge, Benito, Francisco, Veiga, Mouriño, Nico, Pablo e González. Tamén xogaron Carlos, Alberto, Miguel e Gabriel

Goles: 0-1 Mouriño (min. 26); 1-1 Pablo Porta (min. 75); 2-1 Pablo Lafuente p.p. (min. 77).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario