• Empate na ida da Semifinal da Fase, todo por decidir para a volta.

Encontro de ida da Segunda Eliminatoria da Fase de Ascenso á Primeira Autonómica, entre o Moraña que viña de eliminaro ao Tyde C.F. e o Sampayo que fixera o propio co Pontellas «B».

Un partido difícil a estas alturas, cun rival coas ideas moi claras e que se plantou dende o primeiro minuto xerando perigo. Os nosos comezaron un chisco nerviosos, sobre todo na parte de elaboración de xogo e o Sampayo baseou o seu dominio nestes primeiros minutos de nerviosismo. O máis salientable destes primeiros minutos foi a lesión de Lucas, que se retirou chorando do campo e ao que lle mandamos moito ánimo para unha pronta recuperación.

Tivo a máis clara da primeira parte o Sampayo, nun centro lateral que se pasea pola área pequena pero que o rematador non é quen de finalizar. O Moraña inquedou sobre todo con lanzamentos lonxanos, sendo a ocasión máis clara unha de Santi na área pequena do Sampayo que non logrou remachar. Chegouse co empate a cero ao descanso.

Na reanudación o Sampayo saliu moi enchufado, coas ideas moi claras e buscando a espalda da nosa defensa. Chegou o gol visitante no 59, nun saque de banda a favor que fai Velay cara Roberto, que devolve de primeiras, roubo do Sampayo e balón ao espacio para que Jose Miguel puxera o 0-1. O maís difícil todavía veu só 3 minutos despois, cando Velay veu o segundo cartón amarelo e o Moraña quedaba con 10. Pero os nosos deron un paso adiante buscando un gol que lles permitira viaxar o domingo que ven con máis garantías. O equipo precisou de axustes por parte de Miguel trala expulsión, vivindo uns minutos un tanto «locos», pero finalmente coa recomposición e cun gran Jonathan por banda dereita, o Moraña comezou a xerar máis perigo. Tivo Jesús a igualada cun lanzamento dende os 11 metros pero que non se convertiu en gol, e Jonathan noutra acción na que o seu remate saleu alto.

Chegou o gol no desconto, nun balón longo buscando arriba no que derriban a Jonathan, e no que o árbitro sinala os 11 metros. Celso non fallou, e fixo o 1-1 que da esperanzas de cara ao encontro de volta.

Gran traballo do equipo, que creu ata o final e traballou a reo, e da afección, que empuxou tamén moito. Agora a prepararse para o encontro de volta. Ánimo e a pelexar!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Anxo, Lucas, Velay, Salva, Rober, Celso, Ferro, David Alexander, Santi, Chima e Jesús. Tamén xogaron David, Caba, Xoel, Pablo e Jonathan.

Unión Sampayo: Edgar, Adrián, Jose, Alberto, Jose Manuel, Saúl, Borja, Jose Miguel, Andrés, Jesús e Luis. Tamén xogaron Fernando, Raúl, Ignacio, Sergio e Javi.

Goles: 0-1 Jose Miguel (min. 59); 1-1 Celso, penalti (min. 93).

Compárteo!

Deixa un Comentario