• A pesares de marcar cedo, os nosos non foron quen de acadar a victoria.

O noso Primeiro Equipo volvía á competición despois do parón do Entroido, buscando seguir sumando na sua pugna pola zona noble da táboa. A verdade é que o parón non lle veu nada ven aos nosos, que non tiveron unha das súas mellores tardes.

Adiantáronse cedo os nosos, cunha gran xogada combinativa na que finalmente Santi dende liña de fondo poñía un pase atrás para que Chima batira a Sergio no 11. O gol non variou o plan visitante, cun Vilaboa que estaba moi metido no partido, pelexaba todos os balóns e era moi superior sobre todo no balón parado. Foi precisamente este balón parado o artífice do gol visitante, cun lanzamento lonxano de falta executado por Óscar que se convertía no empate a 1 no 34. Non houbo máis goles neste primeiro tempo.

No segundo acto o Moraña rearmouse e tentou ir a polos tres puntos, e o Vilaboa baixou o pistón, polo que o encontro se mantivo igualado e con poucas ocasións para ningunha das dúas partes. Os nosos reclamaron un derribo de Santi na área do Vilaboa como penalti, pero o colexiado mandou seguir.

Sen moito fútbol se chegou ao pitido final, con este 1-1 que reparte puntos entre os dous equipos. Agora, a tentar recuperar efectivos das múltiples baixas coas que conta o Moraña, e a preparar o derbi da vindeira xornada ante o Atl. Cuntis.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Anxo, Héctor, Lucas, Celso, Rober, Xoel, Pablo, David, Santi, Chima e Jesús. Tamén xogaron Borja, Caba, Salva e Fabio.

U.D.C. Vilaboa: Sergio, Rodrigo, Iván, Óscar, Javi, Diego, Casqueiro, Iván, Adrián, Alejandro e Miguel. Tamén xogaron Diego, Sergio e Iván.

Goles: 1-0 Chima (min. 11); 1-1 Óscar (min. 34).

Compárteo!

Deixa un Comentario