Novo empate dos nosos Senior nun encontro moi trabado

O noso Primeiro Equipo acadou un empate a un gol na tarde de onte en Mirallos nun disputadísimo Derbi ante o Atlético Cuntis. Non foi un partido moi vistoso, con grandes ocasións, pero con toda a emoción que traen este tipo de encontros.

O Cuntis comezou apretando arriba e dominando no primeiro treito, pero a base de traballo o Moraña lograba sacudirse ese dominio e comezar a ter ocasións. Incluso cun gol anulado a Chima de xeito incompresible polo colexiado por falta previa inexistente. Malia todo, sí que lograban os nosos adiantarse no marcador no 34, cunha apertura á espalda do lateral de Celso para Ferro, que pon un centro templado a área para que Kapi remache. Chegouse con ese 1-0 ao descanso.

Na segunda parte, o encontro seguiu na súa liña, cun Moraña que buscaba manter a vantaxe a base de traballo e un Cuntis que buscaba a igualada con moito empeño. Froito deste empuxe, lograron os cuntienses o empate nunha xogada madurada na frontal, onde Javi aproveitaba un gran cambio de orientación para batir a Anxo. 1-1 e partido totalmente novo.

Neste último tramo do encontro, os dous equipos comezaron a buscar fútbol máis directo, tentando non perder o punto gañado e buscar a vantaxe sen tomar demasiados riscos. Pero este empuxe final por ambos equipos non tivo traducción en goles, e co empate chegamos ao pitido final.

Bo traballo dos Senior, sacando un punto importante. Próxima semana, viaxamos para xogar ante o Unión Sampayo. Ánimo!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Anxo, Héctor, Velay, Salva, Rober, Celso, Ferro, David, Kapi, Chima e David Alexander. Tamén xogaron Borja, Caba, Lorenzo, Castillo e Fabio.

Atl. Cuntis: Kike, Manuel, Antonio, DIego, Fuan, Darío, Iván, Javier, Richi, Romero e Luismi. Tamén xogaron Dani, DIego, Manu, Fandiño e Pablo.

Goles: 1-0 Kapi (min. 34); 1-1 Javier (min. 55)

Compárteo!

Deixa un Comentario