Reparto de puntos xusto tras un encontro igualado.

Quinta xornada ligueira, onde o noso Primeiro Equipo recibía en Mirallos á Lama S.D. Tralas dúas victorias acadadas, os rapaces de Miguel Villaverde chegaban con ganas de sumar tres novos puntos neste encontro.

Un partido condicionado en gran medida polo estado do terreo de xogo, xa que o noso Mirallos non estaba na tarde de onte no seu mellor momento, feito aproveitado polos visitantes para sacar proveito dun fútbol máis directo, buscando segundas xogadas e a espalda dos nosos laterales. O Moraña C.F. estivo impreciso na primeira parte, tentando sacar o balón xogado, pero cometendo erros que facían ao rival moi perigoso na contra tras pérdida. Malia todo, as ocasións máis claras nestes primeros 45 minutos foron visitantes, con dous balóns que deron no longueiro.

Non habería goles ata o segundo acto, no que os nosos rapaces comezaron a entonarse e a adaptarse ao encontro e cunha Lama que pouco a pouco se vía con opcións de sacar puntos desta visita. Adiantouse o Moraña no 55, cando Santi sacou rápido unha falta no mediocampo buscando o desmarque de Ferro, que nunha gran internada batía ao porteiro visitante. Co 1-0 e máis de media hora por diante, o Moraña quixo contemporizar, enfriar o encontro e intentar tirar, a pesar da xuventude do equipo, de «veteranía». Pero nun balón parado, A Lama facía a igualada. Saque lonxano de falta que os nosos non defenden ben, e Alberto no 62 pon as táboas.

A partir deste momento e ata o pitido final, viviuse un encontro de infarto. Un auténtico «correcalles» con opcións polas dúas partes e un contínuo ida e volta. Non se materializaron estas ocasións en goles, e finalmente o encontro acabou co 1-1. Tralo visto durante os 90 minutos, xusto empate e reparto de puntos.

Próxima xornada, visita á UDC Vilaboa. Ánimo e a seguir medrando!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Caba, Julián, David, Camacho, Rober, Celso, Alejandro, Miguel Zas, Castillo, Chimaobi e Viti. Tamén xogaron Anxo, Borja, Fabio, Kapi e Lorenzo.

A Lama S.D.: Vladimir, Alberto, Jeison, Javi, Plácido, Adrián, David, Dani, Manuel, Borja e Pablo. Tamén xogaron Cristian, Miguel, Yonatan, Gepe e Jose.

Goles: 1-0 Ferro (min. 55); 1-1 Alberto (min. 62)

Compárteo!

Deixa un Comentario