• Victoria traballada ante un rival moi ordenado

Tralas boas sensacións da semana pasada, o Moraña xogaba na tarde de hoxe en Mirallos ante a S.D. Puente Arnelas co obxectivo de seguir na mesma liña. Non foi un dos mellores encontros da tempada, pero os nosos foron quen de sacalo adiante e facerse cos puntos.

O Puente Arnelas saiu moi entonado, tentando roubar e buscar a Ramón, dianteiro e o xogador máis perigoso. Os nosos non comezaron ben, bastante incómodos co balón e sen claridade, feito que aproveitou o rival para comezar a xerar perigo, rompendo as liñas defensivas con pases á espalda. Tiveron dúas ocasións claras, que remataron fóra e outra na que Anxo detén moi ben.

Pouco a pouco o Moraña foise repoñendo e medrando no encontro, chegando cada vez máis a tres cuartos e comezando a xerar perigo. O encontro tivo que deterse durante un bo anaco cando, tras un choque fortuíto, Damián sufriu unha brecha. Dende o Moraña lle desexamos unha pronta recuperación deste golpe.

Ao descanso chegouse co 0-0 inicial, cos dous equipos co plan ben claro pero sen goles.

No segundo acto o Moraña saíu coa clara intención de dar un paso adiante para sacalo adiante, pero o Puente Arnelas non baixou o pistón e seguiu buscando ao seu dianteiro, xerando perigo. As ocasións non eran moi claras para ningún dos dous equipos, pero o dominio era alterno, xogando de área a área. Tivo que empregarse a fondo Anxo a un cabezazo de Ramón para evitar o 0-1.

O gol que definiu o encontro chegou precisamente dunha xogada de área a área. Remate a porta do Puente Arnelas, saque en corto morañés, con salida rápida tocando e unha transición moi boa, na que finalmente Borja chega a liña de fondo e pon un pase atrás para que Pablo, tras facer un control, bate a Martín.

Este gol foi un mazazo para os visitantes, xa que tal e como se ía vendo, o equipo que lograra marcar ía a levar os puntos. No tramo final, o Moraña tentou enfriar o encontro e tratar de que se xogase o mínimo posible. Malia todo, pudieron matar nunha contra case co pitido final, pero non se concretou. Así que 1-0 e 3 puntos de ouro para os nosos.

Con esta victoria, seguimos na terna da cabeza da liga. Próxima parada, o campo da Lanzada, para enfrontarse á S.D. Noalla. A prepararse!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Anxo, Lucas, Velay, Salva, Rober, Celso, Pablo, Julián, Santi, Chima e Héctor. Tamén xogaron Xoel, Caba, Borja, David e Fabio.

S.D. Puente Arnelas: Martín, Miguel, Víctor, Roi, Alejandro, Georgi, Angelo, Emilio, Jose Ramón, Jesús e Damián. Tamén xogaron Iván, Rubén, Diego, Oubiña e Adrián.

Goles: 1-0 Pablo (min. 85)

Compárteo!

Deixa un Comentario