• Duro varapalo dos Senior, cunha derrota nun momento chave.

Os nosos Senior caeron na tarde de hoxe na Rapeira ante a S.D. Romay, na que se convirte na cuarta derrota da tempada. Os nosos, saíron ao encontro con ganas e buscando a portería rival, pero foi o Romay o que abriu a lata no minuto 3 por medio de Ricardo, un gol que condicionou totalmente o partido, xa que fixo que os locais se pecharan e buscaran as contras.

O Moraña xeraba perigo e buscaba crear ocasións, pero as contras locais cada vez daban máis opcións aos locais. No minuto 32, Roberto puxo o 2-0, que deixaba aos nosos contra as cordas. O gol de Collins xusto antes do descanso, daba esperanza para a segunda metade.

O guión continuou como estaba indo a primeira metade, co Romay traballando ben defensivamente e buscando contragolpear e o Moraña cada vez máis volcado en ataque. Houbo ocasións pero que non se materializaron, e case co pitido final cos nosos buscando a igualada con todo, David facía o definitivo 3-1 no minuto 88.

Un golpe duro antes do que se aveciña a semana que ven, na que recibimos en Mirallos ao San Adrián, nun encontro que marcará claramente o tramo final da tempada. Ánimo e a dalo todo!

FICHA TÉCNICA

S.D. Romay: Isidro, Alejandro, Esteban, Rober, Julián, Edgar, Meis, Ricardo, Adrián, Brais e Manu. Tamén xogaron Juan, Hellon, DAvid, Somoza e Iván.

Moraña C.F.: Caba, Iván Goldar, Salva, Edu, Iván Vidal, Rober, Ferro, Kevin, Andrés, David Alexander e Collins. Tamén xogaron Pedro, Yeray, Allan, Rodrigo e Borja.

Goles: 1-0 Ricardo (min. 3); 2-0 Roberto (min. 32); 2-1 Collins (min. 45); 3-1 David (min. 88).

Compárteo!

Deixa un Comentario