Os Veteranos do Moraña C.F. viaxaron na tarde de onte ao campo de Cornazo, para enfrontarse ao San Pedro Bar Naranjito na décima xornada de Liga. O equipo de Germán Rúa afrontaba este duelo totalmente en cadro, logrando xuntar a duras penas a 11 xogadores e algún deles tocados ou con molestias.

Con once xustos e un partido no que o aspecto físico iba a ser chave polas características do rival e do campo, o partido presentaba unha grandísima dificultade. Os morañeses deron todo para sacar algo positivo, pero dende os primeiros minutos veuse que ía a ser moi complicado.

20151108113603Un campo pequeno e moi irregular facía que os nosos non puideran desplegar o seu xogo, e cada erro na construcción era respondido con contras cheas de perigo realizadas polos seus dos habilidosos dianteiros.

O primeiro gol chegou no saque dun córner pechado, que Rafa Sierra non foi quen de despexar e se introciu directamente na portería. Era o minuto 20, e este gol condicionou totalmente o encontro, xa que reforzaba o plan dos locais, de pecharse ben atrás e buscar matar na contra.

Tiveron varias ocasións no tramo final da primeira parte os morañeses, pero unhas veces o porteiro local, e outras a mala sorte fixo que non se movera o marcador.

Na segunda parte, e segundo pasaban os minutos, o encontro foi caendo, xa que ata 3 xogadores dos veteranos morañeses adoeceron das súas molestias e seguiron no campo só por pundonor. Malia a todo, seguiron pelexando ata o final os nosos.

O último tramo do partido foi totalmente de ida e volta. Tiveron dúas clarísimas os Vilagarcianos, nun lanzamento de falta e un disparo dende dentro do área que se atoparon co pao esquerdo da portería morañesa. E tamén tiveron varias opcións os morañes, en xogadas illadas na que se lograba superar a organizada defensa do rival, pero non se lograron concretar.

O 2-0 definitivo chegou case co tempo cumplido, en escandaloso fóra de xogo do dianteiro do San Pedro de case 10 metros, que recibe un pase a espalda da defensa e que ante a incredulidade dos asistentes, o árbitro non pita, e finaliza cunha precisa vaselina.

Este foi o resultado despois dos 90 minutos, e os Veteranos sufriron a segunda derrota da tempada. Non queda máis que seguir remando e tentar de ir recuperando efectivos para os vindeiros encontros. Moito ánimo e a seguir competindo!!

FICHA TÉCNICA

S. Pedro Bar Naranjito 2 – 0 Moraña C.F.

Xogaron polo Moraña C.F.: Rafa Sierra, David, Yeyo, Toño, Fuentes, Óscar Barros, Celso, Sayáns, Eloy, Velay e Iago Castro.

[su_note]

Co noso Vicente no corazón

plantel-morana-veteranos2A nova que recibimos o venres do problema médico sufrido polo noso eterno porteiro Vicente, caeu coma un xerro de auga fría en todo o Moraña C.F. e en especial a súa sección de Veteranos.

Vicen, estamos contigo nestes difíciles momentos. Este partido telo que gañar. Todos os teus compañeiros enviásmosche ánimos e forzas para que te recuperes o antes posible.

Ánimo Vicente!

[/su_note]
Compárteo!

Deixa un Comentario