Os nosos Prebenxamíns viaxaron a Vilaxoán na mañán de onte, para enfrontarse ao San Martín C.F. na sexta xornada da Segunda Fase da Liga Prebenxamín. Os morañeses viaxaban coa convocatoria completa, buscando darlle minutos a todos os xogadores para completar a súa formación.

20160228025103O encontro estivo marcado pola igualdade ata o último tramo de encontro, onde se rompeu. Adiantouse pronto o San Martín, cun gol de Félix no minuto 3. E non sería ata a reanudación do encontro tralo descanso que Iago facía a igualada (minuto 29). Os puntos quedaron en Vilaxoán grazas ao arreón dos locais, que nos últimos 10 minutos fixeron 3 goles, por medio de Agoney (2) e Alejandro. O resultado despois dos 50 minutos foi de 4 a 1.

Bo traballo dos Prebenxamíns, con boas rotacións e oportunidades para todos os xogadores convocados. A seguir traballando e mellorando!!

FICHA TÉCNICA

San Martín C.F. 4 – 1 Moraña C.F.

San Martín C.F.: Manuel, Rubén, Diego. Izan, Iván, Agoney, Félix, Iker, Adrián, Roberto, Alejandro e Ramiro.

Moraña C.F.: Roi, Rubén, Iago, Lucas, Darío, Xoel, Aleixo, Joel, Iker, Jonathan, Mario, Aitor, Lois.

Goles: 1-0 Félix (minuto 3); 1-1 Iago (minuto 29); 2-1 Agoney p. (minuto 40); 3-1 Alejandro (minuto 43); 4-1 Agoney (minuto 45)

 

Compárteo!

Deixa un Comentario