A sección Cadete do Moraña C.F. viaxaba este sábado a Vilaxoan para enfrontarse ao San Martín C.F. na novena xornada de Liga. Os nosos saían a este encontro coñecedores da igualdade na clasificación entre os dous equipos, que se reflexou en todo o encontro.

A primeira parte foi de claro dominio morañés, contando con varias ocasións para abrir o marcador que non chegaron a fructificar e unha segunda parte na que o equipo se diluíu e non houbo case fútbol. Ao final dos 80 minutos,resultado gafas entre estes dous equipos, que manteñen as posicions na táboa clasificatoria, 4º e 5º respectivamente e mantendo dous puntos de distancia entre eles.

Esta semana aos nosos cadetes tócalles descansar, pero xa conqueriron un amigable cun dos equipos que tamén descansa, debido á esperpéntica situación desta Liga Cadete na que descansan 4 equipos cada Xornada. Moito ánimo e a seguir traballando!

FICHA TÉCNICA

San Martín C.F. 0 – 0 Moraña C.F.

San Martín C.F.: Alejandro, Santiago, Álvaro, Alberto, Pablo, Martín, Carlos, Xoan, Raúl, Manuel, Ángel (Marcos, minuto 71)

Moraña C.F.: Saúl (Manu, minuto 41), Iván, Andrés, Adrián, Raúl, Marcos (Martín, minuto 56), Carlos, Fernando, Manuel (Pablo, minuto 71), Ismael (Alejandro, minuto 68), Fervenza.

Compárteo!

Deixa un Comentario