• A primeira derrota na fase de ascenso, chega no derradeiro encontro.

  • O equipo non acada o ascenso, pero debe manter a cabeza ben alta.

Non puido ser. Os nosos Senior chegaron con opcións ata o último momento do ano, o derradeiro encontro da fase de ascenso. Enfrontábanse en Salvaterra ao equipo local, cun 2-2 na ida e con todo por decidir.

O Moraña saiu ao encontro enchufadísimo, dominando e buscando o gol que encarrilara a final.  O Salvaterra, un chisco máis conservador, buscando as contras. A chave da eliminatoria estivo nestes 45 minutos, nos que o Moraña foi superior pero non materializou o dominio en goles. O 0-0 ao descanso motivou que na segunda metade os nosos tiveran que asumir máis riscos. E nun balón á espalda da defensa, Gabriel no 69 fixo o 1-0. Tocaba tirar de épica para buscar un gol que lle dera emoción aos últimos minutos, pero neste último tramo, e aproveitando a desorganización morañesa, Iago finaliza unha contra para facer o 2-0 que certificaba o ascenso do Salvatierra.

Unha mágoa, pero un enorme orgullo ver tanto a gran tempada que fixo este grupo de xogadores, o gran traballo do corpo técnico e agradecemento infinito á afección, que animou sen parar. Só queda seguir, erguerse coa cabeza ben alta e seguir adiante. Grandes rapaces, grande Moraña C.F.!!

Ficha técnica

S.D. Salvatierra: Aitor, Rafa, Borja, Elio, Jonathan, Pedro, Iago, Jorge, Gabriel, Rubén e Samuel. Tamén xogaron Cristian, Borja, Édgar, Noel e Adrián.

Moraña C.F.: Anxo, Lucas, Velay, Salva, Rober, Celso, Ferro, Pablo, Santi, Chima e Suso. Tamén xogaron Julián, Caba, Xoel, Oli e Yoni.

Goles: 1-0 Gabriel (min. 69); 2-0 Iago (min. 82).

Compárteo!

Deixa un Comentario