O Equipo Senior do Moraña C.F. viaxou ás Chans na tarde de hoxe para enfrontarse á S.D. Puente Arnelas na disputa da 16ª Xornada de Liga. Os pupilos do Chino tentaban sacar puntos desta difícil visita ante un rival incómodo que xa sacara un empate na ida.

Adiantáronse os locais no minuto 8 por medio de Adrián, e a pesares de que os nosos o tentaron, certificaron a victoria os de Punte Arnelas nos minutos 60 e 81, con goles de Rafa e Damián.

Este resultado, xunto coa victoria do Xil ante o Poio, apreta aínda máis a parte alta desta Liga de Terceira Rexional, xa que agora mesmo entre o primeiro (Bamio) e o sexto (Puente Arnelas) só hai 6 puntos. Agárdanos unha segunda volta apaixoante. A traballar duro e a seguir pelexando, confiamos en vos!

FICHA TÉCNICA

Puente Arnelas S.D. 3 – 0 Moraña C.F.

Puente Arnelas S.D.: Martín, Miguel, Diego (Víctor, min. 85), Iago, Roi, Adrián, Iván, Óscar (Fran, min. 81), Rafa (Alberto, min.83), Adrián (David, min. 76) e Damián.

Moraña C.F.: Caba, Martín, David, Alberto (Couto, min.57), Julián, Camacho, Lorenzo, Viti, Damián, Jesús e Manu (Miguel Zas, min. 72)

Goles: 1-0 Adrián (min. 8); 2-0 Rafa (min. 60); 3-0 Damián (min. 81)

Compárteo!

Deixa un Comentario