A categoría xuvenil do Moraña viaxou na tarde de onte a Noalla, para enfrontarse co equipo desta localidade na sétima xornada de Liga.

Os pupilos de Javi Gañán acudían a esta cita ante un bo equipo e con ganas de competir e de seguir adiante na disputa da tempada. Unha vez máis, o equipo tivo que remar a contracorrente ao salir un pouco «durmidos» ao encontro, poñéndose o rival cun 3-0 no minuto 27.

Refixéronse os nosos tras este mazazo, e lograron acurtar ata o poñerse 3-2 cun gol de Joel e un gol de Sergio en propia meta no minuto 55, pero Alejandro fixo o definitivo 4-2 no minuto 78. Este foi o resultado tralos 90 minutos.

Nova derrota dos Xuveniles, que deben dar un paso adiante para seguir a competir nesta Liga. Moito ánimo a estes xogadores, nos que o Clube confía e que deben atoparse a eles mesmos, facer piña e aunar forzas para lograr competir mellor e sacar adiante os partidos.

Vamos xuveniles!!

FICHA TÉCNICA

S.D. Noalla 4 – 2 Moraña C.F.

S.D. Noalla: Miguel, Gerard, Mario, Javier, Rubén, Alejandro, David, Sergio, Matías, José, Cristian, Miguel A., Juan Esteban, Luis A.,

Moraña C.F: Manu Carracedo, Rubén, Roberto, Iago, Diego, Brais, Joel, Jorge, Alejandro, Pedro, Xian, Diego, Jose, Gabriel, David e Alejandro.

Goles: 1-0 Sergio (minuto 2); 2-0 Matías (minuto 18); 3-0 Cristian (minuto 27); 3-1 Joel (minuto 51); 3-2 Sergio (minuto 55); 4-2 Alejandro (minuto 78).

Compárteo!

Deixa un Comentario