• O Amanecer sentenciou na primeira metade.

  • Os nosos non foron quen de reaccionar.

O Primeiro Equipo do Moraña pechou o 2019 cunha derrota ante un rival directo no campo das Lampáns. A S.D. Amanecer fíxose cos puntos nun disputado encontro que os locais encarrilaron na primeira metade. Javi, no minuto 15 batía a Caba cun disparo raso que se colou pegado ao pao esquerdo. E antes do descanso, Jesús facía un golazo, colando un lanzamento de falta por toda a escuadra, no minuto 35.

Na segunda metade o Moraña tratou de buscar remontar e igualar cun Amanecer que contemporizaba e pechaba os espacios. Tiveron éxito os do Grove, e os tres puntos quedaron nas Lampáns. Malia a este resultado ante este rival directo, a clasificación segue a estar moi apretada, con varios equipos en moi poucos puntos. Toca seguir remando e traballando para sumar. Próxima parada, o Candeán na casa o vindeiro 5 de Xaneiro.

FICHA TÉCNICA

S.D. Amanecer: Jose, Martínez, Jesús, Manu, Jorge, Javi, Manu, Christian, Alejandro, Iñaki e Ángel. Tamén xogaron Manuel, Marcelo, Álvaro, Camilo e Rubén.

Moraña C.F.: Caba, Salva, Iván, Rober, Richi, David Alexander, Pereira, Pablo Porta, Edu, Dani e Ferro. Tamén xogaron Anxo, Marcos, Jonathan, Borja e Velay.

Goles: 1-0 Javi (min. 15); 2-0 Jesús (min. 35).

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario