O primeiro equipo do Moraña C.F. viaxou na tarde de hoxe ao Revel, para enfrontarse ao S.C. Libertad na 15ª Xornada da Liga. Partido difícil e un desplazamento complicado no que sacar os puntos.

Os do Chino comezaron o partido apretando e en boa liña de traballo, logrando adiantarse por medio de Manu no minuto 2 de partido. Todo parecía ir polo bo camiño, pero o equipo no día de hoxe non estivo á altura, sen ideas e xogando un mal partido. Os locais igualaron a contenda no minuto 55 por medio de Jesús e ese foi o marcador definitivo.

Punto importante que permite seguir sumando aos nosos, mantendo a terceira posición a só 3 puntos do líder. A próxima semana viaxan a Puentearnelas, outra salida complicada. Moito ánimo e a seguir traballando.

FICHA TÉCNICA

S.C. Libertad 1 – 1 Moraña C.F.

S.C. Libertad: Cristian, Daniel, Francisco, Fadi, Jose (Santiago, minuto 77), Elías, Pablo (Rubén, minuto 70), Jesús, Beiro, Manuel e Santiago (Christian, minuto 75)

Moraña C.F.: Caba, David, Borja, Alberto, Martín (Rubén, minuto 89) Julián, Lorenzo (Joel, minuto 79), David, Miguel, Viti (Brais, minuto 87) e Manu.

Goles: 0-1 Manu (minuto 2); 1-1 Jesús (minuto 55)

Compárteo!

Deixa un Comentario