• O Primeiro Equipo resolve o encontro con goles rapidamente.

Xornada 29 no Grupo 10 de Segunda Rexional, e encontro ante un Salcedo que pelexa por non descender.  Os nosos saíron enchufados ao encontro conscientes da necesidade de abrir pronto o marcador para encarrillar o enfrontamento e así o fixeron. No minuto 4, unha xogada por banda na que acaba o balón nos pes de Lucas, que pon un bo centro para que Santi se anticipe a todos e faga o primeiro. Este gol espoleou aínda maís aos nosos, xa que no 11 poñían o 0-2, nun balón á espalda da defensa na que Ferro lle pon unha boa asistencia a Chima, que aguantando a saída de Borja fai o segundo.

Os minutos seguintes, foron de dominio claro do Moraña, vendo como as ocasións ían chegando cada vez con máis claridade, pero o terceiro non chegou ata o 40: saque de banda de Ferro que Salva peina e Santi define moi ben en área pequena. Con este 0-3 se chegou ao descanso.

Na segunda parte, o marcador fixo que os nosos baixaran o pistón, empezando a deixar máis espacios e opcións ao rival. Malia todo, chegou o 0-4 no 57, nun pase filtrado de Julián a Jonathan que cede a Santi para que ratificara o seu hattrick.

O S.C.D. Salcedo marcou no treito final, nunha contra que ven dun saque de córner a favor. Balón longo do porteiro local que a nosa defensa non resolve e Christian marca o 1-4 que foi o resultado definitivo.

Acadamos con esta victoria os 56 puntos e subimos á terceira plaza dunha clasificación que cada vez se apreta máis. Próxima xornada, os nosos reciben ao Puentecaldelas en Mirallos. Vamos!!

Ficha Técnica

S.C.D. Salcedo: Borja, Miguel, Juan, Gabri, Manu, Alan, Dani, Álvaro, Adrián, Pablo e Alberto. Tamén xogaron Christian, Diego e Anxo.

Moraña C.F.: Caba, Lucas, Rober, Salva, Celso, Xoel, Ferro, Julián, Santi, Chima e Jonathan. Tamén xogaron Anxo, Xián, Adrián, Isma e Fabio.

Goles: 0-1 Santi (min. 4); 0-2 Chima (min. 11); 0-3 Santi (min. 40); 0-4 Santi (min. 57); 1-4 Christian (min. 70).

Share.

Leave A Reply

Este sitio utiliza Cookies. Se continúa a navegación, está aceptando o seu uso. Para máis información, consulte a nosa cookies policy.     ACEPTAR