A sección Infantil do Moraña C.F. viaxaba este pasado sábado a Pontevedra, para enfrontarse no Príncipe Felipe á S.C.D. Salcedo dentro da novena xornada de Liga. O equipo de Alberto García viaxaba con varias baixas, polo que tivo que tirar de reforzos do equipo alevín, xogadores que deron o callo e xogaron a gran nivel.

A pesares de que o marcador non se moveu na primeira parte, chegar co empate a cero ao descanso era un escaso premio para un Moraña que xerou moitísimo perigo neste primeiro acto, con contínuos ataques buscando superioridades e movendo o balón con moito criterio. O Salcedo meteu o medo no corpo nun par de aproximacións, pero o dominio era morañés.

Tivemos que esperar ata o minuto 62, cando por fin Raúl abría a lata, nunha xogada que este equipo realiza á perfección: apertura á banda e cambio de orientación para que Raúl encare e marque. Fixo o 0 a 2 Cela que aproveita un rexeite do porteiro tras un disparo de Amestoy no minuto 67.

Parecía o partido tranquilo e pechado para o Moraña, pero case no final Daniel encara e regatea a toda a defensa e bate a Jorge no man a man. Era o minuto 79, así que temporizando e con cabeza fría o marcador non se moveu, viaxando os puntos para Moraña.

Sexta victoria dos nosos infantiles, que con estes tres puntos escalan á cuarta posición da Liga. A seguir traballando nesta liña. Esta vindeira xornada, os infantiles descansarán, aínda que case con toda seguridade, disputarán un encontro amigable para non perder ritmo.

FICHA TÉCNICA

S.C.D. Salcedo 1 – 2 Moraña C.F.

S.C.D. Salcedo: Claudia, Unay, Alexandre (Brais, minuto 36), Negashu, Daniel, Ismael (Gabriel, minuto 63), Rubén, Alejandro (Mario, minuto 70), Brais e Iván (Manuel, minuto 73).

Moraña C.F.: Jorge, Isaac, Pablo, Cristian, Rubén (Anxo, minuto 57), Pablo Fraga (Pablo Cela, minuto 47), Edu, David, Raúl (Dani Fontán, minuto 65), Dani (Iván, minuto 65) e Álex (Amestoy, minuto 52).

Goles: 0-1 Raúl (minuto 62); 0-2 Cela (minuto 67); 1-2 Daniel (minuto 79)

Compárteo!

Deixa un Comentario