• Remontada ante a S.C.D. Poyo para seguir sumando.

Visita incómoda á que se tiñan que enfrontar o noso Primeiro Equipo na tarde de hoxe, viaxando á Reiboa para xogar ante a S.C.D. Poyo. Os nosos, coa necesidade de sumar para seguir nos postos cabeceiros, e o Poyo buscando sumar para escapar da parte baixa da táboa.

Os nosos non saíron metidos ao encontro, feito que aproveitaron os locais para coller vantaxe. Kevin fixo o 1-0 no minuto 9, e antes de que os nosos puideran reaccionar, no 17 Pablo Tobío facía o 2-0. As cousas puxéronse costa arriba, tocaba remangarse e traballar a reo para sacar algo positivo deste encontro. Pero os nosos, foron quen de conseguilo.

Antes do descanso, Rodrigo poñía o 2-1 no minuto 31, que era o primeiro paso para acadar a remontada: recortar canto antes. E con ese resultado marcharon os dous equipos para os vestiarios.

Na segunda metade, o Moraña saiu con outra cara, buscando canto antes igualar. O empate chegou por medio de Ferro no 54, nunha gran xogada. Comezaba un partido novo, cos nosos cun plus de moral por conseguir equilibrar o encontro, e o Poyo tocado por desaproveitar unha clara vantaxe. A remontada culminouse no minuto 85, cando Rodrigo de novo marcaba e deixaba o electrónico no definitivo 2-3. Os puntos, así, viñeron para Moraña, sumando xa 42 e mantendo a terna dos primeiros postos.

Próxima xornada, recibimos ao Puentearnelas en Mirallos. A prepararse e a dalo todo!

FICHA TÉCNICA

S.C.D. Poyo.: Aitor, Raón, Dani, Fran, Saúl, Carlos, Kevin, David, Sergio, Óscar e Pablo. Tamén xogaron Rubén, Yacobo, Jesús, Carlos e Brais.

Moraña C.F.: Anxo, Allan, Salva, Rober, Iván Vidal, David Alexander, Kevin, Edu, Suso e Rodrigo. Tamén xogaron Caba, Iván Goldar, Borja, Samu e Chima.

Goles: 1-0 Kevin (min. 9); 2-0 Pablo (min. 17); 2-1 Rodrigo (min. 31); 2-2 Ferro (min. 54); 2-3 Rodrigo (min. 85).

 

Compárteo!

Deixa un Comentario