Traballadísima victoria a lograda na tarde de onte por parte dos nosos Veteranos no Campo de A Rapeira en Portas ante o Romai. Os pupilos de Rúa tiveron que loitar contra o temporal e un bo rival que plantou batalla en todo momento.

O encontro comezou cos dous equipos tanteándose, buscándose os puntos débiles e tentando crear superioridades, pero no primeiro tramo as ocasións non chegaban. Segundo ían pasando os minutos, o partido comezou a partirse, debido en gran parte ao forte vento, que facía que moitos balóns doados se convertiran en perigosos, e que fose gañado polo máis listo.

A ocasión máis clara da primeira metade estivo nas pernas de Eloy, tras unha gran presión nunha salida en curto por parte do Romai, recupera o balón Nico que llo cede e o pequeno xogador da Amil desaproveita o man a man. Chegouse co 0 a 0 ao descanso.

O comezo da segunda metade estivo marcado por un parón debido a que coa treboada varios focos do campo deixaron de funcionar. Tras uns minutos de incertidume, os dous equipos acordaron seguir xogando mentres estes focos volvían estar operativos.

Seguía sen haber un dominador no encontro, pero as ocasións máis claras eran do Moraña: tivo Santiño un man a man que non apreveitou e Eloy outra situación de perigo, pero o gol non chegaba. O Romai tamén xeraba perigo, sobre todo no balón parado, pero os morañeses, moi serios atrás, non pasaban apuros.

Chegou por fin o gol no último tramo do encontro. Unha gran xogada de contraataque e unha rápida combinación entres os dianteiros deixa a Santiño noutro man a man que esta vez resolve maxistralmente. Co 0 a 1 o Romai foi a polo empate con todo, deixando espazos atrás e buscando máis presencia en ataque e con balóns largos. A chave para os morañeses estaba en defender ben e aproveitar eses espazos nalgunha contra. Tivo a sentencia Velay en dúas ocasións, pero non foi quen de convertelas en gol, e tocaba sufrir.

O Romai gozou nestes minutos de xogadas de perigo, incluíndo un balón ao longueiro que en segunda xogada case se convirte en gol co remate de cabeza de Kike, pero conseguiron defender ben os morañeses.

Despois dos 90 minutos, 0 a 1 e tres puntos moi importantes para os Veteranos, que seguen preto das posicións de ascenso. Na vindeira semana, comezarán a segunda volta da competición. Moito ánimo e, para este equipo sobre todo, moita saúde.

FICHA TÉCNICA

Romai Veteranos 0 – 1 Moraña C.F.

Moraña C.F.: Rafa Sierra, Juan, Yeyo, Toño, Fuentes, David, Sayáns, Óscar Barros, Eloy, Santiño, Nico, Velay, Ventura e Óscar.

Goles: Santiño.

Compárteo!

Deixa un Comentario