O vindeiro mércores e luns, ao igual que se fixo onte coas categorías Cadete e Infantil, procederemos a realizar a reunión para sentar as bases do que vai a ser a Tempada 2015/2016 no Moraña C.F., con todas as novidades e propostas por parte do Clube para os Xuveniles, Alevíns, Benxamíns e Prebenxamíns.
Convocamos dende aquí a todos os pais dos xogadores para estas reunións que se van celebrar:
- Xuvenís: mércores 12 de Agosto ás 20:30 nas oficinas do Clube.
- Alevíns: luns 17 de Agosto, as 20:00 horas, nas oficinas do Clube.
- Benxamíns e Prebenxamíns: luns 17 de Agosto, as 21:00 horas, nas oficinas do Clube.
Agardámosvos a todos alí.