Prebenxamíns 2 – 5 Mosteiro C.D.

Xa a terceira xornada para os nosos Pres, que recibían ao Mosteiro no Buelo na mañán do sábado. Partido cheo de emoción o que nos fixeron vivir os nosos pequechos, que seguen mostrando un gran nivel e unha boa adaptación a esta Liga.

Adiantáronse os visitantes no minuto 5, igualando Fernando de penalti no minuto 11. Só 4 minutos despois, Borja poñía ao Mosteiro de novo en vantaxe. Este 1-2 foi o resultado no descanso. Na segunda parte, Pablo poñía más vantaxe co 1-3 no minuto 30 e de novo Fernando achegaba ao Moraña no marcador co 2-3 no 33. Pero Kevin e Yago, con dous goles nos seguintes minutos certificaron a victoria visitante.

Gran partido, gran experiencia e boa liña de traballo. A seguir así, Pres!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Antón, Saúl, Lucas, Iago, Fernando, Pedro, Hugo, Héctor, Anxo e Alba.

Mosteiro C.D.: Lucas, Yago, Pablo, Raúl, Dani, Diego, Diz, Kevin, Paula, Borja e Tomás.

Goles: 0-1 Kevin (min. 5); 1-1 Fernando, penalti (min. 11); 1-2 Borja (min. 14): 1-3 Pablo (min. 30): 2-3 Fernando (min. 33); 2-4 Kevin (min. 35); 2-5 Yago (min. 41).

Benxamíns «B» 5 – 2 E.F. Portero 2.000 «B»

Outro partidazo que puidemos desfrutar na mañán do sábado, foi o protagonizado polo noso Benxamín «B» ante a E.F. Portero 2.000 «B» no Buelo. Os nosos rapaces xogaron un gran encontro, cun rival que lle puxo as cousas moi difíciles e nun partido no que ambos equipos mostraron un gran nivel e un fútbol moi vistoso.

Yosef adiantou ao Moraña no minuto 7, vantaxe que Anxo neutralizaba só 4 minutos despois. O propio Yosef e Xoel puxeron antes do descanso máis terra de por medio con dous goles (min.12 e 15), chegando ao intermedio con vantaxe morañesa por 3-1. Na reanudación o Portero 2.000 acurtou 3-2 ao anotar Eric un penalti, poñendo máis emoción neste encontro. Pero Mario primeiro e logo Yosef para certificar o seu hattrick, puxeron o definitivo 5-2. Gran partido e noraboa aos dous equipos polo gran encontro que nos ofreceron. A seguir así!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Óscar, Roi, Joel, Aarón, Xoel, Mario, Mauro, Yosef, Pablo e Mateo.

E.F. Portero 2.000: Martín, Anxo, Marcos, Iván, Simón, Fabián, Rafa, González, Adri, Anxo, Fran, Héctor, Eric e Santi.

Goles: 1-0 Yosef (min. 7); 1-1 Anxo (min. 11); 2-1 Yosef (min 12); 3-1 Xoel (min. 15); 3-2 Eric, penalti (min. 25); 4-2 Mario (min. 35); 5-2 Yosef (min. 44)

Benxamíns «A» 10 – 4 E.D. Poio «B»

Tamén no Buelo e na mañán do Sábado, o Benxamín «A» xogou un partidazo ante a E.D. Poio «B». Os nosos Benxamíns «A» viñan con fame despois de varias semanas sen competición, e sairon a dalo todo. Nos primeiros 15 minutos xa se puxeran 4-0 no marcador con goles de Iago (2), Ethan e Xabi. Antes do descanso Lucas puxo o quinto. Na segunda metade o encontro nivelouse un chisco máis, intercambiando goles os dous equipos ata o definitivo 10-4 que foi o resultado final.

Noraboa aos Benxamíns «A»! A seguir pelexando e mellorando!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Darío, Pablo, Xabi, Iker, Lucas, Aleixo, David, Jonathan, Iago, Ethan e Nico.

E.D. Poio: Anxo, Lucas, Andrés, Naim, Isma, Pablo, Juan, Anxo, Alejandro, Jorge, Manuel, Mateo e Dani.

Goles: Polo Moraña Iago (3), Lucas (2), Xabi (2) , David, Ethan e Aitor. Pola E.D. Poio Anxo (2), Andrés e p.p.

 

Alevíns 4 – 1 Vilagarcía S.D.

Os Álevíns deixaron tamén unha gran imaxe esta mañá de sábado no Buelo ante o Vilagarcía S.D. Nun encontro no que todo o equipo xogou a un gran nivel, doblegaron por 4-1 ao Vilagarcia S.D. David puxo en vantaxe aos nosos cedo, no minuto 14, pero este 1-0 non se moveu en toda a primeira metade.

Nos segundos 25 minutos o empuxe morañés tivo premio, e os nosos puxeron máis terra de por medio con dous goles máis de David (min. 28 e 36) e outro de Alejandro. O Vilagarcía fixo o seu gol xa no último tramo, por medio de Alejandro no 43.

Bo partido e boa victoria dos Alevíns. A seguir traballando!!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Brais, Saúl, Anxo, Alejandro, Alex, Jorge, David, Aday, Rubén e Hugo.

Vilagarcía S.D.:  Hugo, Asier, Bruno, Héctor, Álvaro, David, Alejandro, Erik, Pablo, Martín e Dani.

Goles: 1-0 David (min. 14); 2-0 David (min. 28); 3-0 David (min. 36); 4-0 Alejandro (min. 39); 4-1 Alejandro (min. 43)

Juv. Cambados «B» 4 – 2 Moraña C.F.

Un dos poucos equipos que xogou lonxe de Moraña foi o Infantil. Os rapaces de Sara viaxaron a Cambados a enfrontarse a un difícil rival. O encontro foi moi igualado, e os pequenos detalles foron os que marcaron o resultado final. Adiantouse o Cambados, poñéndose incluso cun claro 2-0 ao descanso con goles de Dani e Iker na primeira parte.

No segundo tempo chegou a reacción morañesa, que con goles de Álex no 43 e de Amestoy no 60 poñían a igualada e deixaban o tramo final totalmente aberto. Lamentablemente, o Cambados logrou pechar o partido cun doblete de Francis, nos minutos 62 e 65 deixando o electrónico no definitivo 4-2.

Bo traballo malia todo dos Infantiles, que colleitaban a primeira derrota da tempada. A seguir traballando igual!!

 

Ficha Técnica

Juv. Cambados «B».: Fabio, César, Alberto, Gabriel, Vicente, Dani, Iker, Noya, Borja, Ignacio, Calo. Tamén xogaron Fran, Costa, Francis, Alex e Cibrán.

Moraña C.F.: Óscar, Dan Fontán, Anxo, Álvaro, Pablo, Mateo, Abel, Alex, Domi, Amestoy e Damián. Tamén xogaron Lucas, Hugo, Sergio, Marta e Joel.

Goles: 1-0 Dani (min. 23); 2-0 Iker (min. 28); 2-1 Alex (min. 43); 2-2 Amestoy (min. 60); 3-2 Francis (min. 62); 4-2 Francis (min. 65)

S.D. Chispa 2 – 1 Moraña C.F.

O outro equipo da base que tivo que viaxar foi o Xuvenil, que visitaba á S.D. Chispa. Os rapaces de Juan xogaron un partido igualado, que se decantou para o lado local. Adiantouse o Chispa con gol de Dani no filo da media hora da primeira parte, chegando con este resultado ao descanso. Tralo paso polos vestiarios, os morañeses tentaron reaccionar, pero Pablo poñía o segundo no 68 que parecía definitivo. Malia todo, Abalo acurtaba no 77, e os nosos foron lanzados a polo empate que non acadaron pese a este empuxe. Ao final dos 90 minutos, 2-1.

Ánimo e a seguir traballando!!!

Ficha Técnica

S.D. Chispa.: Guillermo, Jose, David, Óscar, Ramiro, Joaquín, Nana,, Aarón, Dani, Andrés e Sergio. Tamén xogaron Óscar, Juan, Martín e Pablo.

Moraña C.F.: Senín, Nicanor, Iván, Adri, Manu, Sayáns, David, Pablo González, Reboredo, Isma, Marquitos e Xián. Tamén xogaron Alex, Abalo, Gabriel e Fervenza.

Goles: 1-0 Dani (min. 29); 2-0 Pablo (min. 68); 2-1 Abalo (min. 77).

Compárteo!

Deixa un Comentario