Seguen as competicións ligueiras de F11, e á espera do comezo das ligas de F8, aquí temos os resumes dos encontros desta fin de semana

Infantiles 10 – 1 I.Dep. Pontevedra

Terceira victoria consecutiva dos Infantiles, que comezaron esta liga como un tiro. Os rapaces de Sara xogaron na mañán do sábado ante a I.Dep. Pontevedra no Buelo, facendo un gran encontro que sentenciaron na primeira metade, xa que ao descanso o marcador xa reflectía un claro 6-1 para os locais.

Na segunda metade, ambos equipos seguiron dando o callo, cunha I.Dep que non baixou os brazos en ningún momento e que pelexou ata o final. O resultado definitivo foi de 10-1 para os nosos.

A vindeira semana, este equipo descansa.

 

Ficha Técnica

Moraña C.F.: André, Dani Fontán, Anxo, Álvaro, Lucas, Pablo, Mateo, Abel, Álex, Domi e Amestoy. Tamén xogaron Javi, Damián, Sergio, Joel e Iván.

I.Dep. Pontevedra.: Ricardo, Lucía, Brais, Carlos, Alejandro, Brais Garcia, Hamza, Gabriel, Daniel, Joel e Neo. Tamén xogaron Álvaro, Zouhair e Valdueza.

Goles: Mateo (3), Álex (2), Amestoy (2), Domi, Javi e p.p. Por parte da I.Dep. marcou Hamza.

 

S.D. Chispa 1 – 2 Cadetes

Partido de infarto o que viviron os Cadetes na mañán  do domingo ante a S.D. Chispa. O equipo de Alberto tivo que remar contra corrente para remontar o gol de Martín no minuto 24 que poñía por diante aos vilagarcianos. Non foron capaces de acadalo na primeira parte, pero tralo paso polos vestiaros, chegou a reacción visitante.

Rubén Candal, no 44 facía a igualada cun zapatazo dende a frontal, e Raúl aproveitando un gran cambio de orientación de Dani encaraba e batía por alto a Ángel, poñendo o 1-2. Tentaron reaccionar os locais no que quedaba de encontro, pero os puntos viaxaron para Moraña. Próxima xornada, recibimos ao Bamio no Buelo.

Ficha Técnica

S.D. Chispa.: Ángel, Iria, Manu, Fran, Álvaro, Martín, Brais, Carlos, Anxo, Chirstian e Pablo. Tamén xogou David.

Moraña C.F.: Iván, Isma, Isaac, Pablo Sende, Adonis, Rubén Candal, David, Pereira, Dani e Jonathan. Tamén xogaron Jorge, Edu, Raúl e Pedro.

Goles: 1-0 Martín (min. 24); 1-1 Rubén Candal (min. 44); 1-2 Raúl (min. 56)

Barro C.F. 3 – 2 Xuveniles

Derbi na tarde do sábado entre Barro, intenso e con goles. Un encontro no que os rapaces de Juan pelexaron e fixeron un gran papel, aínda que este esforzo non se traduciu en puntos. Tras unha primeira media hora con ocasións para os dous lados, adiantáronse os locais por medio de Aarón no 29. Reaccionaron os nosos, con gol de davíd só 4 minutos despois, pero Adrián antes do descanso poñía en vantaxe ao Barro de novo.

Tralo descanso, o marcador non quería moverse, pese a que as ocasións chegaban por ambas partes. Case na recta final, Adrián de novo marcaba para poñer o 3-1 que daba tranquilidade aos locais, pero no 88 Manu Sayáns acurtaba, facendo que os últimos minutos fosen moi emocionantes buscando o empate para os nosos. Non puido ser, a seguir pelexando! Próxima xornada, recibimos ao Portas no Buelo.

Ficha Técnica

Barro C.F.: Iván, David, Aarón, Fran, Diego, Adrián, López, Fariña, Kevin, Juan e Gabriel. Tamén xogaron Álex, Iván e Christian.

Moraña C.F.: Manuel, Iván, Adrián, Manu, Alejandro, David, Pablo, Isma, Marcos, Xiánl e Fervenza. Tamén xogaron Reboredo, Nicanor e Martín.

Goles: 1-0 Aarón (min. 29); 1-1 David (min. 33); 2-1 Adrián (min. 38); 3-1 Adrián (min. 83); 3-2 Manu Sayáns (min. 88)

Compárteo!

Deixa un Comentario