Foron 11 anos de espera, pero foi unha espera que valeu a pena. O regreso do Torneo Internacional Cadete Concello de Moraña non defraudou, e deixou auténticos partidazos no Municipal de Mirallos o pasado sábado. Resumamos o acontencido

  • A xornada comezou cun intenso derbi entre Celta e Pontevedra C.F., que abría a Liguilla do Grupo A. Neste encontro, adiantábase o Celta cun gol de belísima factura marcado por Raúl Blanco e mantendo o ritmo do encontro e o dominio. Pero nunha veloz contra por banda esquerda, facía a igualada A. Moledo para os pontevedreses. Nos penalties, o Celta levaba o duelo particular.
  • A continuación abría o Grupo B, cun interesante R.C. Deportivo vs. F.C. Coruxo, que pese a insistencia dos dous equipos, acabou sen goles (0-0). Nos penalties foron os coruñeses os que levaron a vantaxe.
  • Terceiro encontro e segundo do Grupo A entre Pontevedra C.F. e S.C. Braga, que levaron os portugueses pola mínima (0-1) con gol de Pedro Miguel.
  • No cuarto encontro, Vitória S.C. e Coruxo enfrontábanse, acadando os portugueses un claro 3-0 con goles de André Alves e doblete de Joao Silva.
  • No encontro que pechaba o grupo A e no que se decidía quen ía a ser primeiro e quen segundo de grupo, o S.C. Braga venceu ao R.C. Celta pola mínima 1-0, acadando así o pase á final. O Celta xogaría o terceiro e cuarto posto e o Pontevedra, faría o propio polo 5º e 6º.
  • Tamén neste sexto encontro se definía quen xogaría a final e quen o 3º e 4º posto, e nun intensísimo encontro, o Vitoria lograba empatar tras haberse adiantado o R.C. Deportivo, e con este 1-1 acadaba o pase á final. O Depor xogaría o 3º e 4º posto e o F.C. Coruxo pelexaría pola 5ª praza.

XORNADA DE TARDE

  • A desputa do 5º e 6º posto definiuse para o F.C. Coruxo, que venceu ao Pontevedra C.F. por 0-2, con goles de Iñaki e Yago.
  • Na desputa do 3º e 4º lugar, vivimos un derbi de altura entre R.C. Celta e R.C. Deportivo, que acabou caéndo do lado coruñés por 0-3. Marcaron Bruno, Álex e Pablo.
  • E na gran final, derbi portugués no que o Vitoria S.C. doblegou ao S.C. Braga por 3-1, proclamándose campión desta VII Edición do Torneo Internacional Cadete Concello de Moraña.

Dende o Moraña C.F. queremos agradecer a patrocinadores, colaboradores, voluntarios, público asistente e aos clubes que fixeron posible o regreso deste prestixioso torneo. E comezamos dende XA a preparar a edición do vindeiro ano.

PALMARÉS VII TORNEO 

Campión: VITÓRIA S.C.

Subcampión: S.C. Braga

Terceiro: R.C. Deportivo de la Coruña

Cuarto: R.C. Celta de Vigo

Quinto: F.C. Coruxo

Sexto: Pontevedra C.F.

Máximo Goleador: P. Miguel Carvalho (S.C. Braga)

Porteiro menos goleado: Sergio (Vitória S.C.)

Mellor xogador: Raúl Blanco (R.C. Celta)

 

Compárteo!

Deixa un Comentario