Prebenxamíns 0 – 10 Villalonga F.C.

Os nosos Pres recibiron na mañán de hoxe no Buelo ao Villalonga F.C. en xornada de Liga. Un encontro no que os visitantes se mostraron moi superiores nos 50 minutos, chegando ao descanso xa con vantaxe de 5 goles. Os nosos non baixaron os brazos en ningún momento, pero o Villalonga xogou a un maior nivel, e acadaron unha clara victoria. A seguir traballando rapaces!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Lucas, Brais, Xabi, Manuel, Dani Rey, Fabio, Diego Torres, Xoel, Iñaki, Diego Arzúa e Gabi.

Villalonga F.C..:  Xavi, Raúl, Izán, Hugo, David, Raúl, Rodrigo e Raúl.

 

Villalonga F.C. 2 – 5 Benxamíns

No Revel, os Benxamíns xogaron tamén na mañán de hoxe ante o Villalonga F.C. Tras un primeiro tramo no que os locais puxeron terra de por medio con goles de Ezequiel, Gael e Nico, Pedro e Breixo Ferrín poñían no 28 o marcador nun 3-2 que deixaba o encontro aberto de cara á segunda metade. Neste segundo tempo, Gael puxo máis distancia para o Villalonga no 30 e Álex só tres minutos despois sentenciaba con 5-2 que acabou sendo definitivo. Bo traballo e a seguir!

Ficha técnica

Villalonga F.C..: Miguel, José, Álex, Nico, Sergio, Gael, Izan, Ezequiel, Lucas e Jorge.

Moraña C.F.:  Breixo Oubiña, Breixo Ferrín, Anxo, Héctor, Iago, Xurxo, Lucas, Pedro e Saúl.

Goles: 1-0 Ezequiel (min. 6); 2-0 Gael (min. 12); 3-0 Nico (min. 16); 3-1 Pedro (min. 21); 3-2 Breixo Ferrín (min. 28); 4-2 Gael (min- 30); 5-2 Álex (min. 33).

Alevíns 2 – 3 E.D. Poio

Un dos encontros máis emocionantes desta fin de semana foi o que xogaron os nosos Alevíns ante a E.D. Poio no Buelo. Un partido no que houbo alternativas para os dous equipos e no que ata case o final non se veu clara a victoria. Adiantouse o Poio no minuto 14 por medio de Álvaro, pero miguel só 5 minutos despois poñía o empate. Antes do descanso, Mikel poñía de novo aos visitantes por diante.

Na reanudación, Rubén facía o empate a dous no 46. Neste tramo a igualdade aínda estivo máis marcada, pero no 57 co gol de Gonzalo a balanza se decantaba para o Poio, co marcador definitivo de 2-3. Bo traballo e a seguir igual!!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Darío, Pablo, Ethan, Mateo, Yosi, Lucas, Aleixo, Rubén, Aarón, Mario, Miguel, Óscarl, Joel, Jonathan, Héctor e Anxo.

E.D. Poio:  Brais, Gonzalo, Iván, Gabriel, Mikel, Becoña, Alejandro, Adri, Álvaro, Lucas, Eloy, Aarón, Dani, Juan, Mateo e Pablo.

Goles: 0-1 Álvaro (min. 14); 1-1 Miguel (min. 19); 1-2 Mikel (min. 30); 2-2 Rubén (min. 46); 2-3 Gonzalo (min. 57).

Cadetes 7 – 1 Catoira S.D.

Os Cadetes acadaron unha amplia victoria tras comezar por detrás no marcador con un gol tempraneiro de Álvaro en propia porta. Tras este mal trago, os nosos souberon repoñerse e sacar o encontro adiante, dándolle a volta antes do minuto 20 con goles de Álex e Dani Fontán. Antes do descanso, Mateo facía o 3-1 que daba tranquilidade.

Na segunda metade, con dous goles maís de Mateo, outro de Dani e outro de Álex os nosos deixaban o marcador nun claro 7-1 que os manteñen nos primeiros postos da táboa. Noraboa!

Ficha técnica

Moraña C.F.: André, Dani Fontán, Anxo, Álvaro, Pablo, Mateo, Álex, Jonathan, Joel, Jorge e Abal. Tamén xogaron Óscar, Lucas, Abel e Aday.

Catoira S.D..: Pedro, Yago, Álex, Rey, Jorge, Martín, Dani, Hugo, Brais, Jairo e Miguel. Tamén xogaron Folgar, Nico e Lois.

Goles: 0-1 Álvaro p.p. (min. 4); 1-1 Álex (min. 17); 2-1 Dani Fontán (min. 20); 3-1 Mateo (min. 33); 4-1 Mateo (min.53); 5-1 Mateo (min. 68); 6-1 Dani (min. 74); 7-1 Álex (min. 77).

San Martín C.F. 5-1 Xuveniles

Os Xuveniles adiantaron o seu encontro a tarde do venres, en Vilaxoán ante o San Martín. Un encontro no que os locais foron moi superiores e case non deron opcións aos nosos. Hugo e víctor no 26 e 32 poñían en vantaxe ao San Martín, e co gol de Rubén en propia porta no 46 e de Gabri no 48, o encontro parecía finiquitado. Aínda Gabri tivo tempo de facer o 5-0 no 59, facendo o gol da honra morañés Isma no minuto 65. Ánimo e a seguir traballando, rapaces!!

Ficha técnica

San Martín C.F.: Damián, Fran, Gabri, Jorge, Samu, Isma, Hugo, Cascallar, Víctor, Ángel e Vázquez. Tamén xogaron Iker, Álex e Pablo.

Moraña C.F.: Jorge, Isma, Sergio, Pablo Sende, Rubén, David, Simón, Alboy, Pablo González, Dani e Marcos. Tamén xogaron Adonis, Iván, Joel e Pedro.

Goles: 1-0 Hugo (min. 26); 2-0 Víctor (min. 32); 3-0 Rubén p.p. (min. 46); 4-0 Gabri (min. 48); 5-0 Gabri (min. 59); 5-1 Isma (min. 65).

Compárteo!

Deixa un Comentario