Salgueriños C.F. «C» 3 –  3 Benxamíns

Os Benxamíns trouxeron un punto da súa visita á Xunqueira, nun encontro cheo de emoción no que, tralos 50 minutos, se rematou con empate 3-3. Un partido cheo de alternativas polas dúas partes, moitas ocasións e 6 goles que fixeron as delicias dos asistentes. Xurxo e Lucas por dúas veces, foron os autores dos goles dos nosos. Bo traballo!!

Ficha técnica

Salgueiriños C.F. «C»:  Hugo, Mateo, Miguel, Tomás, David, Costa, Federico, Izan, Ander e Lucas.

Moraña C.F.:  Breixo Oubiña, Breixo Ferrín, Diego, Saúl, Héctor, Saúl, Xurxo, Lucas, Iago e Pedro

Marcaron: Xurxo e Lucas (2).

Alevíns 2 – 2 S.D. Puente Arnelas

Tocoulle remontar aos Alevíns no Buelo no primeiro encontro na casa desta segunda fase da Liga. Comezaron forte os visitantes, con gol de Joaquín aos dous minutos de xogo, sendo éste o único tanto da primeira metade. Nada máis comezar a segunda, Xián poñía máis terra de pormedio, con 0-2 no 38. Pero chegou a reacción local, e cos goles de Rubén no 55 e Mario no 60, os nosos acadaron un traballado empate. Ben feito, rapaces.

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Óscar, Ethan, Yosi, Lucas, Aleixo, Rubén, Nico, Aarón, Miguel, Bruno e Mario. Tamén xogaron Iker, Joel, Darío e Anxo.

S.D. Puente Arnelas:  Sergio, Manu, Hugo, Pablo, Gabri, Brais, Joaquín, Xián, Jairo, Yago e Eloy. Tamén xogaron Dylan, Anxo, Mateo, Isma e Cristian.

Goles: 0-1 Joaquín (min. 2); 0-2 Xian (min. 38); 1-2 Rubén (min. 55); 2-2 Mario (min. 60).

E.D. Arousa S.D. «B» 2 – 0 Cadetes

Nova fase ligueira tamén para os Cadetes, que na Pelada se enfroaron á E.D. Arousa, nun encontro que os nosos afrontaron con varias baixas. Malia todo, os Cadetes competiron moi ben ante un rival que fixo un bo partido. Adiantáronse os vilagarcianos no minuto 20 por medio de Román, gol que lle deu vantaxe durante o resto do encontro e que deixaba aos nosos con opcións. Tiveron ocasións os nosos que non se materializaron, e con todo o equipo volcado, no desconto  Rubén facía o definitivo 2-0. A seguir traballando!!

Ficha técnica

E.D. Arousa S.D. «B»:  Pedro, Hugo, Vicen, Rubén, Román, Víctor, Ricardo, Jorge, Caamaño, Javi e Bruno. Tamén xogaron Irene, Miguel e Carlos.

Moraña C.F.:  Óscar, Dani Fontán, Anxo, Álvaro, Pablo, Álex, Jonathan, Hugo, Joel, Jorge e Aday. Tamén xogaron Anxo e André.

Goles: 1-0 Román (min. 20); 2-0 Rubén (80+2).

F.C. Cruceiro 3 – 2 Xuveniles

Desplazamento ao Morrazo para os nosos Xuveniles, que en Hío xogaban ante o F.C. Cruceiro. Un encontro tamén moi igualado e de ida e volta, no que a sorte ao final estivo do lado dos locais. Abriu o marcador Lois para o Cruceiro no minuto 10, pero só 2 despois, Joel empataba. Co empate 1-1 chegamos ao descanso.

Na segunda metade, de novo Joel batía a Dani, poñendo en vantaxe aos nosos 1-2 no 56. Pero o Cruceiro non baixou os brazos, e cos goles de Raúl no 67 e Otero a falta de 5 minutos, dáballe a volta ao encontro e deixaba o marcador no definitivo 3-2. Bo traballo e a seguir!

Ficha técnica

F.C. Cruceiro:  Dani, Sergio. Manu, Raúl, Otero, Pablo, Lois Diego, Cristian, Hugo e Anxo. Tamén xogaron Erik, Mateo, Álex e Mateo.

Moraña C.F.:  Iván, Sergio, Pablo Sende, Rubén, Jorge, David, Pereira, Pablo González, Dani, Joel e Simón. Tamén xogaron Correia e Pedro.

Goles:  1-0 Lois (min. 10); 1-1 Joel (min. 12); 1-2 Joel (min. 56); 2-2 Raúl (min. 67); 3-2 Otero (min. 84).

Compárteo!

Deixa un Comentario