Portonovo S.D. 0 – 16 Prebenxamíns

Esta mañán de domingo, os Pres viaxaron ao campo de Baltar de F7 para enfrontarse ao Portonovo S.D. Un encontro no que os nosos dominaron na maior parte, acadando vantaxe moi cedo. Chegouse con vantaxe de 0-5 ao descanso, polo que na segunda metade, os nosos traballaron variantes e probaron novos esquemas e opcións de cara a seguir mellorando. Gran traballo destes rapaces, que levan unha moi boa liña. A seguir así!

Ficha técnica

Portonovo S.D.:  Mateo, Mauro, Iván, Dani, Nico, Luís, Liam, Anxo, Manu, Iker, Pablo, Isma e Xabi.

Moraña C.F.:  Lucas, Brais, Xabi, Manuel, Dani Rey, Diego Torres, Diego Arzúa, Xoel, Iñaki, Fabio e Gabi.

Goles: Dani Rey (5), Xabi, Diego Torres (4), Brais (2), Manuel, Gabi, Xoel.

Benxamíns 1 – 4 Barro C.F.

Na mañán do sábado no Buelo, os Benxamíns recibían ao Barro C.F., nun encontro que non se definiu ata o último tramo. Adiantouse o Barro no primeiro minuto de xogo, por medio de José, pero non se moveu o marcador no resto da primeira metade. Con estaba vantaxe pola mínima, comezou a segunda metade, logrando a igualada Anxo no minuto 34. Pero a reacción visitante foi inmediata, e só un minuto despois, Carlos poñía de novo ao Barro por diante. A igualdade era máxima, pero nestes minutos de incertidume, Hugo poñía o 1-3 que case sentenciaba o encontro. Case co pitido final Carlos deixaba o marcador no definitivo 1-4. Ánimo e a seguir traballando rapaces!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Breixo, Anxo, Diego, Héctor, Saúl, Iago, Xurxo, Pero, Breixo Ferrín e Lucas.

Barro C.F.:  Aarón, Hugo, Latas, Jose, Blanco, Carlos, Alejandro, Xian, Vázquez, Lucas e Pablo.

Goles: 0-1 Jose (min. 1); 1-1 Anxo (min. 34); 1-2 Carlos (min. 35); 1-3 Hugo (min.39); 1-4 Carlos (min. 49).

Alevíns 1 – 6 Pontevedra C.F.

Os Alevíns recibiron na mañán do sábado ao Pontevedra C.F. no Buelo. Un encontro no que os visitantes se poñían por diante no primeiro minuto con gol de Iago. David poñía máis terra de por medio no 17, e este 0-2 foi o resultado ao descanso. Na reanudación, Iago aumentaba a vantaxe no 43. Mario recurtou no 53, poñéndo o 1-3 para buscar a remontada. Pero Xoel no 63 volvía a aumentar a renta para os pontevedreses. E cos goles de David Moreira no 66 e 68, o encontro remataba con 1-6 para o Pontevedra. Bo traballo e a seguir!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Darío, Pablo, Ethan, Mateo, Yosi, Lucas, Aleixo, Rubén, Aarón, Miguel, Mario, Óscar, Nico, Antón, Héctor e Anxo.

Pontevedra C.F.:  Adri, David, Aitor, Augusto, Antonio, Xoel, Iago, Andre, David, Omar, Breixo, Roi, Xavi e Antonio.

Goles: 0-1 Iago (min. 1); 0-2 David (min. 17) 0-3 Iago (min. 43); 1-3 Mario (min. 53); 1-4 Xoel (min. 63); 1-5 David (min. 66); 1-6 David (min. 68)

Cadetes 3 – 0 C.D. Ribadumia «B»

Os Cadetes recibían tamén na mañán do sábado ao filial do Ribadumia, nunha nova xornada ligueira para manter as primeiras posicións da táboa. Os nosos tiveron que sudar a reo para vencer neste partido, que encarrilaron con gol de Mateo no minuto 13 pero que non puideron pechar ata a segunda metade. Tras ir 1-0 ao decanso, dous novos goles de Mateo no 50 e no 52 sentenciaron o encontro para os nosos, que con esta victoria suman pleno de puntos: 18 de 18. A seguir traballando!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Óscar, Dani Fontán, Anxo, Álvaro, Lucas, Pablo Mouriño, Mateo, Abel, Álex, Jonathan e Aday, Tamén xogaron André, Joel, Jorge, Álex e Saúl.

C.D. Ribadumia «B»: Carlos, Marco, Santi, Dani, Yago, Queitan, Rafa, Brais, Ijer, Álex e Manu. Tamén xogaron Mario, Miguel, David, Jorge e Jairo.

Goles: 1-0 Mateo (min. 13); 2-0 Mateo (min. 50); 3-0 Mateo (min. 52).

S.D. Puente Arnelas 2-3 Xuveniles

Os Xuveniles visitaban As Chans para enfrontarse á S.D. Puente Arnelas, nun partido que encarrilaron na primeira metade, pero no que tiveron que sufrir na segunda. Pablo Fraga firmaba un doblete nos minutos 20 e 34 para poñer terra de por medio, e Alboy no 37 poñía o encontro de cara con este 0-3. Pero na segunda metade, Pablo Vázquez no 65 recortaba co 1-3. E no minuto 81, Rubén dende os 11 metros poñía emoción para o último tramo facendo o 2-3. Malia todo, os nosos souberon manter a vantaxe neste último tramo e os tres puntos viaxaron para Moraña. Noraboa, rapaces!!

Ficha técnica

S.D. Puente Arnelas: David, Alex, Aarón, Rubén, Ramón, Álvarez, Pablo, Juan, Javi, Teo e Noel. Tamén xogaron Damián, Adri, Aday, Yago e Gonzalo.

Moraña C.F.: Iván, Isma, Sergio, Pablo Sende, Rubén Candal, David, Pereira, Alboy, Simón, Pablo Fraga e Marcos. Tamén xogaron Adonis, Jorge, Pabo, Raúl  e Joel.

Goles: 0-1 Pablo Fraga (min. 20); 0-2 Pablo Fraga (min. 34); 0-3 Alboy (min. 37); 1-3 Pablo Vázquez (min. 65); 2-3 Rubén, penalty  (min. 81).

Compárteo!

Deixa un Comentario