Prebenxamíns 3 – 3 San Martín C.F.

Nova xornada ligueira para os Prebenxamíns nesta mañán de sábado, no Buelo ante o San Martín C.F. Un partido no que os nosos tiveron a posesión pero sen xerar ocasións claras de gol. Esta falta de acerto deu alas ao San Martín, que en dúas contras se puxeron 0-2 por diante, con dous goles de Óscar. Os nosos parecían ter un meigallo de cara ao gol, fallando incluso un penalti cando o marcador ía 0-1.
Antes do descanso, Manu recorta a distancia, recibindo un balón na área, xirándose e batindo a Iago de tiro cruzado.
Na reanudación, nunha falta lateral que lanza Brais o balón sae rexeitado e tras varios rexeites volve a Brais que aproveita para poñer o empate no marcador. Con este 2-2 o encontro comezaba de novo, seguindo na mesma tónica dun Moraña con posesión e sen acerto, e un San Martín perigoso á contra. Nunha desas contras, Diego tentando roubar, introduce o balón na propia meta. Os nosos seguiron pelexando, e Logo seguimolo tentando e nunha pelota que presionan Diego Torres volve poñer o empate 3-3, que foi o resultado definitivo. Gran partido dos Pres!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Lucas, Brais, Xabi, Manuel, Dani Rey, Diego Torres, Diego Arzúa, Xoel, Fabio, Gabi e Mauro.

San Martín C.F.:  Iago, Óscar, Álvaro, Aarón, Dylan, Hugo, Nogueira, Jacobo, Marco e Thiago.

Goles: 0-1 Óscar (min. 14); 0-2 Óscar (min. 21); 1-2 Manu (min. 23); 2-2 Brais (min. 27); 2-3 Diego Arzúa p.p. (min. 46); 3-3 Diego Torres (min. 50).

 

Céltiga C.F. 6 – 1 Alevíns

Visita dos Alevíns á Illa de Arousa na tarde do sábado para xogar ante o Céltiga C.F. Un encontro no que os locais foron superiores, adiantándose no minuto 7 por medio de Brais Rodríguez. Con goles de Brais e Brian, o marcador ao descanso era de 3-0. Na segunda metade, Brais e Brian fixeron dous novos goles, poñendo o marcador nun claro 5-0. Aleixo recortou no 67, pero case co pitido, Jorge facía o definitivo 6-1. A seguir traballando rapaces!!

Ficha técnica

Céltiga C.F.:  Yago, Ramón, Brais, Xabi, Brian, Gustavo, Sergio, Rodríguez, Jorge, Ulises e Dani. Tamén xogaron Carlos, Iván, Iker e Gael.

Moraña C.F.:  Óscar, Ethan, Mateo, Yosi, Lucas, Aleixo, Rubén, Nico, Aarón, Mario, Miguel, Joel, Jonathan, Darío e Xurxo.

Goles: 1-0 Rodríguez (min. 7); 2-0 Brais (min. 9); 3-0 Brian (min. 19); 4-0 Brais (min. 55); 5-0 Brian (min. 58); 5-1 Aleixo (min. 67); 6-1 Jorge (min. 70).

Salgueiriños C.F. «B» 1 – 1 Cadetes

Encontro por todo o alto o que os Cadetes xogaban na Xunqueira 2, ante o colíder e tamén equipo invicto. Un encontro moi igualado entre dous conxuntos que están a facer unha gran campaña. Os nosos conseguiron adiantarse no minuto 24, con gol de Mateo. Pero o Salgue reaccionou ben, e só 5 minutos despois Óscar poñía o 1-1. Pese a que se viron máis ocasións e os dous equipos mantiveron un duelo de altísimo nivel, o marcador non se moveu e o reparto de puntos foi xusto. A seguir!!

Ficha técnica

Salgueiriños C.F. «B»: Juan, Jose, Jorge, Raúl, Gerardo, Alberto, David, Iago, Iglesias, Jacobo e Óscar. Tamén xogaron Marcos, Hugo, Leo e Juan.

Moraña C.F.: Óscar, Dani Fontán, Anxo, Álvaro, Lucas, Pablo, Mateo, Abelo, Álex, Jorge e Aday. Tamén xogaron André, Joel, Alejandro, Marta e Saúl.

Goles: 0-1 Mateo (min. 24); 1-1 Óscar (min. 29).

Xuveniles 1-1 U.S.D. O Grove

Escapóuselle unha victoria moi traballada aos Xuveniles no último suspiro, tras un gran encontro no que a U.S.D. O Grove foi un rival moi duro. Tras unha primeira parte na que o marcador non se movera, o Moraña fixo o máis difícil neste tipo de partidos: adiantarse. O gol de Pereira no minuto 61 poñía aos nosos en clara vantaxe para facerse cos puntos, pero no 95 Gabri facía o 1-1. Un golpe duro do que levantarse, porque a victoria parecía feita, pero un paso máis para aprender na formación deste grupo de futbolistas. A seguir, rapaces!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Iván, Isma, Sergio, Pablo Sende, Rubén, David, Pereira, Pablo González, Marcos, Pablo Fraga e Simón. Tamén xogaron Jorge, Alboy, Dani, Pedro e Raúl.

U.S.D. O Grove.: Nico, Martín, David, Manu, Izan, Samu, Martín, Pérez, Roel, Breixo e Caneda. Tamén xogaron Filgueira, Antón, Gabri e Juan.

Goles: 1-0 Pereira (min. 61); 1-1 Gabri (min. 90+5).

Compárteo!

Deixa un Comentario