C.D. Arcade 4-4 Prebenxamíns

Bo partido dos pres. Partido moi igualado no que dominamos o balón na maior parte do tempo e no que os locales a base de contras causaban moito perigo.
Comezamos marcando os poucos minutos e o pouco empataban. Por medio de Diego poñemos de novo por diante e empatan antes do descanso, ao que se foi con marcador 2-2.
No arranque da segunda parte poñense por diante e costandonos sair co balón. Pouco a pouco volvemos tomar o control da pelota e na presión roubamos e Diego de novo pon o empate. Nun saque de esquina o balón chega a Brais, tras ser rexeitado no interior da área, que marca un golazo dende fóra da área.
No último minuto concedemos un córner nos que marcan no último minuto e poñen o empate definitivo no marcador. Ánimo e a seguir

Ficha técnica

Xogaron Lucas, Dani, Diego Torres, Diego Arzúa, Brais, Xabi, Manu, Fabio, Xoel, Iñaki, Mauro e Gabi.

Goles: Diego Torres (2), Dani e Brais.

E.D. Arousa 3 – 0 Benxamíns

Segunda Xornada da Segunda Fase da Liga para os Benxamíns, que viaxaron á Pelada para enfrontarse á E.D. Arousa. Un encontro que os locais encarrilaron nunha gran primeira parte, cos goles de Unai (min. 3), Diego (min. 19) e Nico (min. 24). A pesares de que os nosos traballaron a reo para recortar a distancia, pero a E.D. foi quen de defender a diferencia e éste foi o resultado final. Ánimo e a seguir!

Ficha técnica

E.D. Arousa:  Pablo, Diego, Pedro, Miguel, Unai, Damián, Martín, Nico, Mauro, Manu, Iván e Marcos.

Moraña C.F.:  Breixo Oubiña, Breixo Ferrín, Anxo, Héctor, Iago, Xurxo, Lucas, Pedro e Saúl.

Goles: 1-0 Unai (min. 3); 2-0 Diego (min. 19); 3-0 Nico (min. 24).

Alevíns 0 – 3 S.D. Puente Arnelas

Décimo sexta xornada de Liga xa para os nosos Alevíns de Fútbol 11, que seguen a loitar nesta tempada. Hoxe recibían no Buelo á S.D. Puente Arnelas, que se fixo cos tres puntos nun encontro bastante nivelado, no que os visitantes basaron a victoria na primeira metade. Fixo Jairo o 0-1 no minuto 20, aumentando a distancia Xian no 32. No comezo da segunda metade, Joaquín pechaba o marcador no defitinivo 0-3 marcando no minuto 39. A seguir traballando!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Óscar, Ethan, Joel, Mateo, Yosi, Lucas, Aleixo, Nico, Aarón, Miguel, Mario, Iker, Darío, Anxo e Bruno.

S.D. Puente Arnelas:  Sergio, Manuel, Óscar, Pablo, Gabri, Xian, Jairo, Brais, Yago, Anxo, Eloy, Fabeiro, Joaquín, Dylan, Mateo e Isma.

Goles: 0-1 Jairo (min. 20); 0-2 Xian (min. 32); 0-3 Joaquín (min. 39).

C.D. Portas 0 – 13 Cadetes

Na mañán do Domingo, os Cadetes viaxaron á Rapeira, para xogar o seu encontro ligueiro ante o C.D. Portas. Un partido que os nosos encarrilaron cedo, e no que marcharon ao descanso con clara vantaxe de 0-6. Na segunda metade, os rapaces seguiron traballando a reo, chegando ao marcador definitivo de 0-13. Con estes tres puntos, os Cadetes seguen no máis alto da clasificación. A seguir!!

Ficha técnica

C.D. Portas: Aday, Xabi, Roi, Pedro, Marcos, Yago, Raúl, Iván, Néstor, Airam e Iker. Tamén xogaron David, Jose, Rubén e Adri.

Moraña C.F.: André, Dani Fontán, Anxo, Álvaro, Lucas, Pablo, Mateo, Abel, Jonathan, Hugo e Aday. Tamén xogaron Óscar, Álex, Joel, Jorge e Saúl.

Goles: Mateo (6), Mateo (3), Dani F., Jonathan, Joel e p.p.

A.D. Arousa F7 2 – 1 Xuveniles

Saída ao Berdón dus Xuveniles, para enfrontarse á A.D. Arousa. Un encontro moi igualado no que só se viron goles na primeira metade. Adiantou Pablo Fraga ao Moraña no minuto 7, pero só oito despois, Adri facía o empate dende os 11 metros. Antes do descanso, no minuto 38, de novo Adri batía a Iván para facer o 2-1, que pese a que quedaba toda a segunda parte, foi o resultado definitivo.

Ficha técnica

A.D. Arousa F7: Joel, Raúl, Brais, Manu, Javi, Rodri, Asier, Álex, Adri, Yoel e Omar. Tamén xogaron Christian, Jacobo, Marcos, Rubén e Jose.

Moraña C.F.: Iván, Dani Fontán, Segio, Pablo Sende, Adonis, Jorge, David, Pereira, Jorge, Joel e Pablo Fraga. Tamén xogaron Aboy, Dani, Marcos, Raúl e Pedro.

Goles: 0-1 Pablo Fraga (min. 7); 1-1 Adri (min- 15); 2-1 Adri (min. 38).

Compárteo!

Deixa un Comentario