Atl. Cuntis 6 – 2 Prebenxamíns

Segunda derrota consecutiva dos pres nun intenso derbi xogado pola mañá do sabado na Ran.
Un partido no que o Cuntis dominaba pero os nosos defendían ben e sen que os locais tiveran ocasións claras ainda que mediada a primeira parte, pase atrás e cun forte tiro dende fora da área baten a Lucas. O partido continuou así ata o descanso.
Na segunda parte continuamos da misma maneira pero nun erro na saida de balón o Cuntis fai o segundo. Duro golpe para os nosos pres que de seguido encaixan dous goles máis cando tratamos de ir a intentar a remontada. Nese intento e tras un falta lanzada por Brais o balón chegalle a Dani no segundo pau que marca o primeiro. Un par de minutos despois nun barullo na área Fabio fai o segundo.
Cos pres volcados o ataque e con algunha ocasión, en duas contras o Cuntis setencia con 2 goles máis. A seguir traballando!!

Ficha técnica

Atl. Cuntis:  Jose Luis, Gabri, Xian, Alba, Pablo, Cristian, Nael, Bruno, Saínza, Núñez, Martina, Yago, Iago e Darío.

Moraña C.F.:  Lucas, Brais, Xabi, Manuel, Dani Rey, Fabio, Diego Torres, Xoel, Iñaki, Diego Arzúa e Gabi.

Goles: 1-0 Cristian; 2-0 Alba (min. 38); 3-0 Alba (min. 39); 4-0 Alba (min. 41); 4-0 Alba (min. 43); 5-1 Fabio (min. 45); 5-2 Dani Rey (min. 47); 6-2 Alba (min. 49).

Benxamíns 0 – 14 Umia C.F.

Os Benxamíns recibían no Buelo ao Umia C.F. en encontro ligueiro. Un partido no que os visitantes se mostraron moi superiores, poñéndose cedo por diante e case sen dar opcións aos nosos. Ao descanso xa dominaban por 0-10 no electrónico, e pese a que os nosos non lle perderon a cara ao partido, na segunda metade a vantaxe aumentou ata o definitivo 0-14. Ánimos e a seguir!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Breixo Oubiña, Diego, Héctor, Saúl, Iago, Xurxo, Lucas, Pedro, Breixo Ferrín e Anxo.

Umia C.F.:  Mario, Cristian, Darío, Pedro, Joel, Pablo, Maikel, Mario, Brais e Dani.

Goles: Joel (3), Pablo (6), Maikel (4) e Pedro.

Arosa S.C. 13 – 1 Alevíns

 

 

Saída complicada para os Alevíns, visitando a un dos equipos máis fortes da categoría: o Arosa S.C. no Manuel Jiménez. Os nosos pelexaron a reo durante os 70 minutos, pero os locais foron superiores durante todo o partido. Tras chegar con vantaxe de 5-0 ao descanso, na segunda metade o Arosa puxo máis terra de por medio, ata alcanzar os 13 goles. Pola nosa parte, Miguel lograba marcar para deixar o marcador no definitivo 13-1. Ánimos e a seguir!!

Ficha técnica

Arosa S.C.:  Manu, Lorenzo, Dani, Raúl, David, Dani, Yaog, Méndez, Isma, Héctor e Martínez. Tamén xogaron Pablo, Ezequiel, Yago, Miguel e Seijo.

Moraña C.F.:  Óscar, Pablo, Ethan, Joel, Mateo, Mario, Lucas, Aleixo, Rubén, Antón, Miguel, Héctor, Anxo e Darío.

C.D. Bamio 0 – 3 Cadetes

Nova victoria dos nosos Cadetes, que seguen invictos nesta vixente tempada. Os nosos viaxaron ao Mª Paz Vilas para enfrontarse ao C.D. Bamio, en xornada ligueira. O Moraña encarrilou cedo o encontro, con gol de Álex no minuto 10. Pero non foi ata a segunda metade que os Cadetes sentenciaban o encontro, cos goles de Mateo e Álex, que firmaba o seu doblete. Con esta victoria, os nosos seguen no máis alto, empatados co Salgueiriños «B». A seguir así!!

Ficha técnica

C.D. Bamio: Marcos, Jevin, Yago, Enrique, Álvaro, Dani, Jose, Alexandre, David, Frieira e Mikel. Tamén xogaron Raúl e Carlos.

Moraña C.F.: André, Dani Fontán, Anxo, Álvaro, Lucas, Pablo, Abel, Alejandro, Jonathan, Marta e Saúl. Tamén xogaron Óscar, Mateo, Jugo, Jorge e Aday.

Goles: 0-1 Álex (min. 10); 0-2 Mateo (min. 60); 0-3 Álex (min. 63).

Xuveniles 6 – 5 E.F.B. Terra de Montes

Sen dúbida, o encontro máis emocionante desta fin de semana, foi o xogado polos nosos Xuveniles ante o E.F.B. Terra de Montes. Un encontro cheo de goles, no que os nosos comezaban a remolque, tralo gol de Nico no 18. Pereira poñía a igualada no 26, pero de novo Nico só un minuto despois poñía ao Terra por diante de novo. Nun final de primeira parte de infarto, o Moraña acadaba 3 goles, con doblete de Alboy e outro de Marcos, indo ao descanso con vantaxe 4-2. Na segunda metade, Simón parecía sentenciar o encontro co 5-2, pero Iago, facendo o 5-3 no minuto 64 deixaba aínda emoción. Pablo Sende, no 73 de novo parecía rematar o traballo co 6-4, pero tiveron que sudar os nosos ata o final, xa que Santiago no 88 poñía o 6-5. Pero os nosos aguantaron, e os tres puntos quedaron no Buelo. Noraboa!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Jorge, Isma, Sergio, Pablo Sende, Rubén, David, Pereira, Alboy, Pablo González, Marcos e Simón. Tamén xogaron Adonis, Iván, Dani, Joel e Raúl.

E.F.B. Terra de Montes: Igor, Mario, Altai, Manu, Nico, Rivas, Gus, Paulo, Xabi, Iago e Borja. Tamén xogou Santiago.

Goles: 0-1 Nico (min. 18); 1-1 Pereira (min. 26); 1-2 Nico (min. 27); 2-2 Alboy (min. 37); 3-2 Marcos (min. 41); 4-2 Alboy (min. 42); 5-2 Simón (min. 53); 5-3 Iago (min. 64); 6-4 Pablo Sende (min. 73); 6-5 Santiago (min. 88).

Compárteo!

Deixa un Comentario