Prebenxamíns 3 –  6 Alondras C.F. “B”

Novo encontro ligueiro dos nosos Pres, un partido igualado a pesar do marcador final.
No minuto 7 adiántanse os visitantes  cun tiro cruzado, no que estaban sendo momentos de igualdade no xogo. Os seguintes goles non chegarían ata os últimos minutos da primeira parte, todos visitantes, xa que non fomos capaces de marcar nas ocasións das que dispuxemos e indo ao descanso co 0-3 no marcador.
No primeiro minuto da segunda metade os visitantes marcan un novo gol.
Pese a intentalo durante o partido non sería ata o 36 cando Diego logra marcar o primer gol local. So 2 minutos despois Dani fai o segundo, nos mellores momentos de xogo dos locales. Cando se pensaba que a remontada era posible, no 42 o Alondras volve a marcar pero Diego volve a marcar no seguinte minuto. Os visitantes incluso fallaron un penalti. Cos nosos volcado buscando recortar, o Alondras fixo o definitivo gol no último suspiro.
Gran partido, maila derrota o xogado hoxe polos pres.

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Lucas, Brais, Xabi, Manuel, Dani, Diego, Gabi, Xoel, Iñaki, Fabio e Mauro.

Alondras C.F. “B”:  Iván, Gael, Unai, Liam, Jorge, Marco, Alex, Carlos, Roi e Nico.

Marcaron: 0-1 Unai (min. 7); 0-2 Liam (min. 21); 0-3 Unai (min. 26); 0-4 Nico (min. 33); 1-4 Diego Torres (min. 34); 2-4 Dani (min. 36); 2-5 Liam (min. 42); 3-5 Diego Torres (min. 34); 3-6 Carlos (min. 49).

 

San Martín C.F. 4 – 3 Benxamíns

Encontro cheo de alternativas e emoción o dos Benxamíns na mañán de hoxe no Municipal de Vilaxoan. Os nosos rapaces xogaron a bo nivel, pelexando cun rival que tamén o deu todo. Comezaron os nosos por diante, con gol de Pedro no minuto 4. Paz e Iker dábanlle a volta ao encontro en só dous minutos (14 e 15). Antes do descanso Pedro facía o empate, pero xusto antes do pitido, Paz poñía de novo ao San Martín por diante. Na segunda metade a igualdade estivo aínda máis marcada, con ocasións pero sin acerto de cara a porta. Pedro lograba empatar de novo a falta de 10 minutos pero no 47, Iago facía o definitivo 4-3 que lle daba a victoria aos locais. Bo traballo, rapaces.

Ficha técnica

San Martín C.F.:  Dani, Martiño, Diego, Ángel, Iago, Nicolai, Paz, Iker, Hugo, Uxío, Amarelle, Jose e Aarón.

Moraña C.F.:  Breixo Oubiña, Breixo Ferrín, Diego, Héctor, Saúl, Xurxo, Lucas, Pedro, Anxo e Iago.

Marcaron: 0-1 Pedro (min. 4); 1-1 Paz (min. 14); 2-1 Iker (min. 15); 2-2 Pedro (min. 20); 3-2 Paz (min. 24); 3-3 Pedro (min. 40); 4-3 Iago (min. 47)

Alevíns 0 – 6 Marcón Atl.

Novo encontro ligueiro dos Alevíns, que pelexaron durante todo o encontro. Lograron manter un marcador igualado na primeira metade, pero na segunda, o Marcón mostrouse superior, acadando unha clara vantaxe final de 0-6. A seguir traballando rapaces!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Óscar, Pablo, Mateo, Yosi, Lucas, Aleixo, Rubén, Nico, Aarón, Miguel, Mario, Iker, Joel, Darío, Anxo e Bruno.

Marcón Atl.:  Miguel, Lucas, Unai, Iker, Hugo, Yago, Pablo, Tomás, Carlos, David, Adri, Diego, Antía, Luis, Brais e Ángel.

Marcaron: 0-1 Tomás (min. 27) 0-2 Adri (min. 39); 0-3 Pablo (min. 67); 0-4 Adri (min. 69); 0-5 Tomás (min. 70); 0-6 Darío (min. 71).

Unión Dena C.F. 2 – 4 Cadetes

Os Cadetes cimentaron a súa victoria no campo das Cachizas ante o Unión Dena C.F. nunha gran primeira parte na que case deixaron sentenciado o encontro. Abel abriu a conta no minuto 13, facendo Álex un doblete nos minutos 25 e 33. Mateo pechaba a conta no 34, deixando antes do descanso un claro 0-4 no marcador.

Na segunda metade, os nosos mantiveron a vantaxe, pese a que Iván no 64 facía o 1-4. Case co pitido final, Christian deixaba o marcador no resultado final de 2-4. Noraboa!

Ficha técnica

Unión Dena C.F.:  Roberto, Diego, Dani, Héctor, Sergio, Javi, Varela, Xavi, Christian, Samu, Cores. Tamén xogaron Brais e Iván.

Moraña C.F.:  Óscar, Dani Fontán, Anxo, Lucas, Pablo, Mateo, Abel, Álex, Jonathan, Jorge e Aday. Tamén xogaron Hugo, Anxo, André, Joel e Damián.

Goles: 0-1 Abel (min. 13); 0-2 Álex (min. 25); 0-3 Álex (min. 33); 0-4 Mateo (min. 34);1-4 Iván (min. 64); 2-4 Christian (min.78).

Ráp. Bahía 1 – 4 Xuveniles

Viaxe ao Morrazo dos Xuveniles, para enfrontarse ao Rápido de Bahía. O encontro decidiuse no último tramo, pese a que dende o minuto 8, os nosos ían por diante grazas ao gol de Pablo González. No minuto 57, Miguel poñía o empate e o encontro comezaba de cero. Tras un cuarto de hora igualado, Simón poñía ao Moraña por diante, pero con distancia de só un gol. Pablo Fraga no 87 e Jorge C. no desconto deixaban o marcador no definitivo 1-4, que daba os puntos. Gran traballo e pelexado triunfo.

Ficha técnica

Rápido Bahía: Samu, Aarón, Pedro, Agus, Amigo, Iago, Telmo, Miguel, Mario, Eloy e Isaac.

Moraña C.F.: Iván, Sergio, Adonis, Rubén, Jorge, Pereira, Aboy, Pablo González, Marcos, Joel e Simón. Tamén xogaron Jorge C., dANI, Pablo Fraga e Pedro.

Goles:  0-1 Pablo González (min. 8); 1-1 Miguel (min. 57); 1-2 Simón (min. 70); 1-3 Pablo Fraga (min. 87); 1-4 Jorge C. (min. 93).

Compárteo!

Deixa un Comentario