Arosa S.C. «B»  0 – 6 Prebenxamíns

Segunda xornada ligueira para os Pres, que viaxaban ao Manuel Jiménez para enfrontarse ao filial do Arosa S.C. Un bo partido xogado polor rapaces, que lograron adiantarse nos primeiros minutos por medio de Dani aproveitando un rexeite na área. Antes do descanso, Diego Torres faría dous goles máis para deixar un claro 3-0. Na segunda metade, o Moraña non baixa o pistón, e Dani nun contraataque fai o cuarto. Neste segundo tempo, os nosos moveron ben o balón, con posesións largas, e froito deste xogo, acadaron dous goles máis, con dous disparos dende fóra da área de Dani e Diego. Bo traballo e a seguir así.

Ficha técnica

Arosa S.C. «B»:  Nico, Brais, Óscar, Jose, Agustín, Enrique, Leo, Álex, Iván, Jaime, Hugo, Aimar e Iyon.

Moraña C.F.:  Lucas, Brais, Xabi, Manuel, Dani, Diego Torres, Diego Arzúa, Xoel, Fabio e Gabi.

Goles: Diego Torres (3) e Dani (3)

Benxamíns 2 – 4 C.D. Mosteiro

Partido de ida e volta o que xogaron na mañán do sábado os Benxamíns ante o Mosteiro. Un partido no que Xurxo adiantaba ao Moraña no minuto 5, pero que os visitantes conseguían voltear antes do descanso con doblete de Borja. Na segunda metade, Dani e Tomás facían dous goles máis para o Mosteiro . Lucas recortaba para o Moraña no minuto 39, e pese a que o tentaron o marcador non se moveu dese 2-4. Ánimo e a seguir rapaces.

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Breixo, Anxo, dIego, Héctor, Iago, Xurxo, Lucas, Pedro e Saúl.

C.D. Mosteiro:  Diego, Tomás, Hugo, Xoán, Paula, Sergio, Borja, Dani e Daniela.

Goles: 1-0 Xurxo (min. 5); 1-1 Borja (min. 26); 1-2 Borja (min. 30); 1-3 Dani (min. 31); 1-4 Tomás (min. 36); 2-4 Lucas (min. 39).

Alevíns 0 – 15 A.J. Lérez

Novo encontro para os Alevíns de Fútbol 11, que recibían no Buelo ao A.J. Lérez. Un encontro no que os pontevedreses se mostraron superiores e no que colleron terra de por medio cedo. Ao descanso xa foron con vantaxe de 0-8, acadando o resultado final nos 70 minutos de 0-15. A seguir pelexando e traballando, rapaces.

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Darío, Pablo, Ethan, Mateo, Lucas, Aleixo, Rubén, Nico, Aarón, Miguel, Mario, Óscar, Joel, Xurxo e Anxo.

A.J. Lérez.:  Xairo, Sabela, Pedro, Gabri, David, Joel. Lucas, Sara, Jorge, Marco, Óscar, Gustavo, Álex, Héctor e Adri.

Goles: Marco, David (2), Gabri (2), Óscar (3), Sara, Lucas (5) e Jorge.

Cadetes C.F. 4 – 1 Atl. Cuntis

Intenso derbi de Cadetes o xogado no Buelo na mañán do sábado, entre dous equipos que chegaban con bos resultados neste arranque de Liga. A emoción estaba servida! E tras un arranque bastante igualado, no minuto 18 Mateo poñía por diante ao Moraña. Tentaron reaccionar os visitantes, pero antes do descanso Mateo aumentaba a vantaxe co segundo no minuto 34. Na segunda metade, o encontro seguíu pola mesma liña, Mario recurtaba para o Cuntis no 63, poñendo máis emoción, pero de novo Mateo no minuto 76 facía un gol chave para asegurar os puntos. Lucas, no desconto deixaba o marcador no definitivo 4-1. Noraboa, rapaces!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Óscar, Dani Fontán, Anxo, Álvaro, Lucas, Pablo, Mateo, Abel, Álex, Jonathán e Aday. Tamén xogaron André, Joel, Jorge, Marta e Saúl.

Atl. Cuntis: Marcos, José, Borja, Rubén, Anxo, Rubén Souto, óscar, Mario, Luca, Ángel e Amestoy. Tamén xogaron Iván, Roi, Xabi, Lois e Diego.

Goles: 1-0 Mateo (min. 18); 2-0 Mateo (min. 34); 2-1 Mario (min. 63); 3-1 Mateo (min. 76); 4-1 Lucas (min. 82).

Xuv. Sanxenxo 4-2 Xuveniles

Tiveron que pasar catro xornadas para que os nosos Xuveniles sufriran a primeira derrota. E iso que pelexaron e puxeron arguementos no campo para sacar puntos da súa visita a Baltar de Arriba. Os nosos tiveron que remontar o gol de Rodrigo no minuto 22, que Pereira neutralizou antes do descanso. Na reanudación o Moraña poñía vantaxe no electrónico co segundo gol de Pereira. Pero este 1-2 non durou, xa que no 49 Rodrigo volvía a poñer a igualada. Nun último tramo no que o encontro podía caer para calquer lado, Hugo adiantaba de novo ao Sanxenxo no 63. O Moraña lanzouse a polo empate, arriscando máis atrás para tentar empatar, feito que aproveitou Dani para sentenciar no 88 co definitivo 4-2. Ánimo, bo traballo e a seguir!

Ficha técnica

Xuv. Sanxenxo: Manu, Marc, Álvaro, Lucas, Hugo, Sergio, Ángel, Lucas, Roi, Rodri e Ángel. Tamén xogaron Jorge, Dani, Iago e Yago.

Moraña C.F.: Joel, Isma, Pablo Sende, Rubén, David, Pereira, Álex, Dani, Marcos, Pablo Fraga e Simón. Tamén xogaron Sergio, Adonis, Jorge, Pablo González e Iván.

Goles: 1-0 Rodri (min. 22); 1-1 Pereira (min. 45); 1-2 Pereira (min. 46); 2-2 Rodri (min. 49); 3-2 Hugo (min. 63); 4-2 Dani (min. 88).

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario