Prebenxamíns 0 – 5 Marcón Atl.

Nova derrota dos nosos na segunda fase da liga. O partido de hoxe púxose moi costa arriba, cando os visitantes marcan no primeiro minuto de xogo. Os nosos competiron durante todo o encontro pero non foron capaces de materializar as poucas ocasións das que de dispuxo. Mentras tanto, os visitantes creaban máis perigo, sobre todo nas contras e conseguindo a victoria por 0-5 o final do encontro.
Moito ánimo rapaces!!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Lucas, Brais, Xabi, Manuel, Dani Rey, Diego Torres, Diego Arzúa, Mauro, Iñaki, Fabio, Gabi e Xoel.

Marcón Atl.:  Izan, Adrián, Pablo, Anxo, Martín, Manu, Hugo, Manu García, Diego, Raúl, Gerardo, Lucas e Enrique.

Goles: 0-1 Manu (min. 1); 0-2 Martín (min. 20); 0-3 Raúl (min. 22); 0-4 Hugo (min. 31); 0-5 Lucas (min. 45).


Benxamíns 4 – 2 Vilagarcía S.D.

Os Benxamíns comezaron esta mañán de sábado a súa segunda fase da Liga, recibindo no Buelo ao Vilagarcía S.D. Os nosos tiveron que remar para sacar adiante este encontro, xa que no minuto 5, Antón adiantaba aos visitantes. Pedro lograba igualar no 16, pero de novo o Vilagarcía poñía terra de por medio co gol de Joel no 19. O empate para os nosos chegou no 25, obra de Anxo: comezaba o encontro de novo. Cos goles de Lucas (min. 29) e Xurxo (min. 37), os Benxamíns foron quen de comezar esta fase da liga cunha victoria. Noraboa!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Breixo Oubiña, Breixo Ferrín, Diego, Héctor, Iago, Xurxo, Lucas, Pedro, Anxo e Saúl.

Vilagarcía S.D.:  Mikel, Javi, Brais, Pablo, Iago, Antón, Martín, Juan, Roy, Hugo, Manu e Joel.

Goles: 0-1 Antón (min. 5); 1-1 Pedro (min. 16); 1-2 Joel (min. 19); 2-2 Anxo (min. 25); 3-2 Lucas (min. 29); 4-2 Xurxo (min. 37).


Villalonga F.C. 6 – 0 Alevíns

Visita ao Revel dos Alevíns esta mañán de domingo, para enfrontarse ao Villalonga na 15ª xornada de Liga. Os nosos seguen traballando a reo para ir dando pasos adiante, aínda que os resultados non cheguen. No día de hoxe, o Villalonga fíxose coa victoria, adiantándose na primeira parte por 2-0 e conquerindo unha clara victoria por 6-0 tralos 70 minutos. A seguir traballando, rapaces!!

Ficha técnica

Villalonga F.C.:  Rubén, Hugo, Isaac, Óscar, David, Manu, Palomo, Rodrigo, Martín e Javier. Tamén xogaron Luis, Martín, Vázquez, César e Lara.

Moraña C.F.:  Óscar, Pablo, Joel, Yosi, Lucas, Aleixo, Rubén, Nico, Aarón, Miguel e Mario. Tamén xogaron Mateo e Bruno.


Cadetes – – – Xuv Sanxenxo

No encontro da categoría Cadete, o noso rival non se presentou. Polo que tras agardar os nosos xunto co colexiado o tempo establecido, suspendeuse o mesmo, á espera da decisión federativa respecto deste partido.


Xuveniles 2 – 2 S.D. Chispa

Pechando a xornada de Sábado no Buelo, os Xuveniles recibían á S.D. Chispa, nun emocionante encontro. Os nosos tiveron que reaccionar ao bo xogo dos visitantes, que se puxeron por diante no minuto 11, co gol de Dani. Non foi ata a segunda metade que o Moraña foi quen de reaccionar, logrando Jorge o empate no 57. Pero o Chispa non baixou o pistón, e de novo Dani poñía ao seu equipor por diante no 73. Pablo Fraga a falta de 10 minutos conqueriu o 2-2 que resultou ser o marcador definitivo.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Joel, Isma, Sergio, Pablo Sende, Rubén, David, Pereira, Aboy, Dani, Pablo Fraga e Simón. Tamén xogaron Adonis, Jorge, Iván, Marcos e Pedro.

S.D. Chispa: Guiller, Álvaro, Jose, David, Fran, Óscar, Álvaro, Dani, Maros, Juan e Luis. Tamén xogaron Cristian e Sergio.

Goles: 0-1 Dani (min. 11); 1-1 Jorge (min. 57); 1-2 Dani (min. 73); 2-2 Pablo Fraga (min. 82).

Compárteo!

Deixa un Comentario