San Martín C.F. 2 – 2 Prebenxamíns

Terceiro empate dos Prebenxamíns, nun resultado que se está a convertir en clásico nos seus partidos. Un encontro no que os nosos dominaron sobre todo na primeira metade, adiantándose cun gol dende fóra da área de Brais. Os locais remontaron en dúas chegadas que os nosos lle concederon á contra. Pero antes do pitido, Brais aproveita un rexeite tras un córner e fai o 2-2.

Na segunda metade, os Pres seguiron xerando perigo e tendo ocasións, pero que non se chegaron a materializar. Defensivamente os nosos fixeron un gran traballo, non permitindo ao San Martín ter ocasións. A igualdade foi máxima, e o resultado final de empate a dous foi un xusto resultado.

Ficha técnica

San Martín C.F.:  Iago, Candela, Óscar, Álvaro, Aarón, Nogueira, Hugo, Marco, Xabi e Daniela.

Moraña C.F.:  Lucas, Brais, Xabi, Manuel, Diego Torres, Diego Arzúa, Xoel, Gabi, Iñaki e Mauro.

Marcaron: Brais (2).

Benxamíns 3 –  1 Domaio F.C.

Bo partido dos  Benxamíns na mañán do domingo, recibindo ao Domaio F.C. En encontro ligueiro. Os nosos cimentaron a súa victoria nunha boa primeira tarde, na que se puxeron con 3-0 de vantaxe, cos goles de Lucas e o doblete de Pedro. Na segunda metade, o Domaio recurtou, poñendo o 3-1, pero o marcador non se moveu máis e a victoria quedou na casa. Gran traballo!!

Ficha técnica

Moraña C.F.:  Breixo Oubiña, Breixo Ferrín, Diego, Saúl, Xurxo, Lucas, Pedro, Anxo e Iago.

Domaio F.C.:  Valentino, Tristán, Raúl, Tomás, Nico, Xavi, Dani, Asier, Bermúdez, Sequeiros, Simón e Martiño

Marcaron: Lucas e Pedro (2)

E.F. Villa de Marín 2 – 0 Alevíns

Os Alevíns de F11 comezaron a segunda fase da Liga ante o mesmo rival e no mesmo campo no que remataron a primera, o E.F. Villa de Marín en San Pedro. Pero desta volta, os nosos non foron quen de facerse coa victoria.

Tras unha primeira parte igualada na que non se viron goles, nos segundos 35 minutos os locais fixeron dous goles que lle serviron para facerse cos tres puntos e deixar o marcador no definitivo 2-0. A seguir, rapaces!!

Ficha técnica

E.F. Villa de Marín:  Miguel, Raúl, Luan, Pablo, Anxo, Brais, Fernando, William, Raúl, Dani, Luis e Hugo.

Moraña C.F.:  Darío, Pablo, Ethan, Yosi, Lucas, Aleixo, Rubén, Nico, Aarón, Miguel e Mario. Tamén xogaron Óscar, Iker, Mateo, Xurxo e Anxo.

Compárteo!

Deixa un Comentario