Aquí deixamos os resumos de todos os encontros que xogaron os nosos equipo de Fútbol Base esta fin de semana, agardando o encontro que os Alevíns trasladaron por petición do Céltiga F.C. para este martes.

PREBENXAMÍNS 6 – 3 SALGUEIRIÑOS

Abriron a xornada desta fin de semana os Prebenxamíns, que recibían no Buelo ao Salgueiriños, na disputa da cuarta xornada desta fase da Liga. Os rapaces de Kevin e Roberto saíron ao encontro enchufados, tentando evitar o que lles viña acontecendo nos últimos partidos que comezaban durmidos e froito desto, Aarón e Xoel puxeron rápidamente terra de por medio, cun 2-0 no minuto 4. Antes do descanso, puxo máis distancia Xoel co terceiro.

Nos segundos 25 minutos o Salgue reaccionou, acurtando distancias cun gol de Fiuza no 38, ao que responderon os nosos cun gol de Iago (min. 38) e o terceiro de Xoel (min. 39). Fiuza puxo algo de emoción ao facer o 5-2 no 42, pero un gol de Álvaro en propia porta no 45 xa poñía demasiada distancia. Malia todo, no 46, Miguel poñía o definitivo 6-3.

Bo partido dos prebenxamíns, que xogaron moi ordenados e concentrados. Ánimo a estes rapaces e a seguir así.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Roi, Aarón, Joel, Iago, Xoel, Fernando, Antón, Mauro, Pedro e Mario.

Salgueiriños C.F.: Hugo, Diego, Jose, Pablo, Tidiane, Fiuza, Mauro, Miguel e Álvaro.

Goles: 1-0 Aarón (minuto 3); 2-0 Xoel (min. 4); 3-0 Xoel (min. 14); 3-1 Fiuza (min. 31); 4-1 Iago (min. 38); 5-1 Xoel (min. 39); 5-2 Fiuza (min. 42); 6-2 Álvaro p.p. (min. 45); 6-3 Miguel (min. 46).

MARÍN C.F. 2 – 2 BENXAMÍNS

Volvéuselle a escapar no derradeiro suspiro a victoria aos rapaces de Eloy, xa que lograron remontar o gol marinés marcado por  Antón no minuto 14 cun gol de Lucas no 36 á saída dun córner cun gran remate, e outro de Xabi no minuto 49. Xa saboreaban os nosos Benxamíns os 3 puntos, cando outra vez no último minuto, Mateo facía o 2-2 que os deixaba coa mel nos labios.

Bo traballo dos nosos Benxamíns, nun partido no que todos aportaron, no que se competiu en todo momento e no que se escapou a victoria no último momento. A seguir nesta liña!!

FICHA TÉCNICA

Marín C.F.: Mennaoui, Juan, Iker, Sergio, Antón, Mateo, Cristian e André.

Moraña C.F.: Rubén, Pablo, Hugo, Xabi, Lucas, Anxo, Aleixo, David, Darío Maceiras, Darío Redondo e Ethan.

Goles: 1-0 Antón (min. 14); 1-1 Lucas (min. 36); 1-2 Xabi (min. 49); 2-2 Mateo (min. 50)

MONTEPORREIRO C.F. 1 – 9 INFANTILES

Os Infantiles visitaban Monteporreiro na14ª xornada de Liga, buscando seguir puntuando, obxectivo que lograron. A pesares do abultado do marcador, este é enganoso, xa que ao descanso chegouse cunha victoria pola mínima e cun gol en propia porta dos locais.

O falta de cambios por parte do equipo local foi a chave, xa que cando o cansancio apareceu, os nosos lograron marcar as diferenzas ata lograr unha goleada moi ampla.

Gran partido dos Infantiles, que seguen na boa liña de traballo desta tempada. A seguir así e a dalo todo!!

FICHA TÉCNICA

Monteporreiro C.F.: Rubén, Diego (Pedro, min. 41), Gerard, Nerea (Óscar, min. 62), Joel, Sergio, Fran, Nicholas, Bieto, Jose e Daniel.

Moraña C.F.: Iván (Óscar, min. 41), Isma, Jonathan, Rubén Candal (Pablo Fraga, min. 49), Lucas (Álex, min. 49), Pereira, Raúl, Javi (Rubén Souto, min. 60), Amestoy (Domi, min. 41), Dani e Anxo.

Goles: 0-1 Sergio p.p. (min. 6); 0-2 Raúl (min. 42); 0-3 Pablo Fraga (min. 56); 1-3 Nicholas (min. 57); 1-4 Javi (min. 58); 1-5 Álex (min. 64); 1-6 Raúl (min. 67); 1-7 Raúl (min. 69); 1-8 Domi (min. 70); 1-9 Pablo Fraga (min. 74).

S.D. PORTONOVO «B» 7 – 1 CADETES

Os nosos Cadetes viaxaron na maña do domingo a Portonovo, para enfrontarse co Portonovo «B». As baixas fixeron que os nosos viaxaran só con 11 efectivos, dos cales 3 eran xogadores Infantiles. E este feito foi o que marcou claramente o resultado do encontro, xa que mentres durou a gasolina, o partido estivo igualado.

Adiantáronse na primeira xogada os locais, cun gol de Manu collendo por sorpresa aos nosos. Respondeu o Moraña, con gol de Pablo Fraga no minuto 6. Manu e Mateo poñían distancia antes do descanso, poñendo o electrónico co 3-1.

Na segunda parte aconteceu o comentado: o cansancio fixo mella nos nosos, e o Portonovo puxo máis terra de por medio ata o definitivo 7-1. Nada que reprochar a estes Cadetes, uns auténticos heroes que pelexan semana a semana, competindo e dando todo o que teñen. Ánimo e a seguir na pelexa!!!

FICHA TÉCNICA

S.D. Portonovo «B»: Jairo, Matías, Iago (Dani, min. 50), Manuel, André, Eloy, Manu, Mateo (Óscar, min. 68), Óscar, Antón e Carla (Moisés, min. 50).

Moraña C.F.: Jorge, Álex, Rubén, Pablo Sende, Isma Fernández, Pablo Fraga, David, Dani, Manu Sayáns, Pablo González e Isma Escariz.

Goles: 1-0 Manu (min. 1); 1-1 Pablo Fraga (min. 6); 2-1 Manu García (min. 9); 3-1 Mateo (min. 24); 4-1 Dosantos (min. 51); 5-1 Manu (min. 58); 6-1 Eloy (min. 63); 7-1 Manu (min. 70).

XUVENILES 4 – 2 E.F.B. VILANOVA

Victoria dos Xuveniles nun partido moi traballado e no que houbo alternativas polas dúas partes. Os nosos lograron facerse cos puntos grazas ao acerto dun Ferro realmente inspirado na mañán de onte, que responde á confianza do míster que o está a utilizar como punta de lanza.

Abriu o Moraña cedo o marcador, no minuto 9 con gol de Ferro. Empatou o Vilanova no minuto 13, no lanzamento dunha falta na que os nosos non lograron rexeitar o balón. Non lle temblou o pulso aos nosos, e antes do descanso, Ferro finalizaba unha gran xogada por banda dereita cun gran remate de primeiras. Con este 2-1 se chegou ao descanso.

Lonxe de saír relaxados á reanudación, o Moraña saliu en estampida, e no primeiro minuto do segundo tempo, Ferro volvía aproveitar un servicio para finalizar de primeiras e poñer o 3-1. E só dous minutos despois, Martín poñía o 4-1. Quedaba moito encontro e os nosos cometeron o erro de baixar o pistón, o que lles custou varios sustos. O Vilanova puxo o medo no corpo ao transformar un dudoso penalti no 78, pero os Xuveniles se mantiveron firmes e lograron facerse cos puntos.

Noraboa polo gran traballo colectivo, e a seguir medrando!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Manu Carracedo, Donato (Jose, min. 65), Iago, Adrián, Martín, Ferro, Isma (Iván, min. 65), Héctor, Raúl, Abalo e Xián.

E.F.B. Vilanova: Diego, Adrián, Manuel, José, Alberto, Óscar (Xoan, min. 51), Juan (Iker, min. 60), Adrián, Javi, Joel e Raúl.

Goles: 1-0 Ferro (min. 9); 1-1 Javi (min. 13); 2-1 Ferro (min. 22); 3-1 Ferro (min. 46); 4-1 Martín (min. 48); 4-2 Javi, penalty (min. 78)

Compárteo!

Deixa un Comentario