Fin de semana marcado polos aplazamentos derivados do temporal e das baixas. Esta fin de semana, só tres equipos da base puideron competir. Aquí vos deixamos os resumos destes encontros:

Xuv. Sanxenxo 0-7 PREBENXAMÍNS

Os Prebenxamíns foron os primeiros valientes que saíron a xogar baixo o temporal na mañán do Sábado. Os rapaces de Kevin viaxaron a Sanxenxo para enfrotarse co equipo amarelo. Os nosos xogaron un gran partido, a pesares do mal estado do terreo de xogo anegado pola choiva. Abriu a conta Mario no minuto 3 e xa puxo máis distancia Iago só 6 minutos despois. Coa tranquilidade no marcador, os nosos soltáronse e xogaron a un gran nivel, movendo ben o balón e marcando ata sete goles.
Aquí vos deixamos o video do último gol, obra de Aarón

A seguir nesta liña, Pres!!

FICHA TÉCNICA

Xuv. Sanxenxo: Ricardo, Iván, Brais, Guillermo, Ignacio, Nicolás, Roberto, Anxo e Joaquín.

Moraña C.F.: Roi, Aarón, Joel, Iago, Xoel, Fernando, Mauro, Mario, Antón e Adrián.

Goles: 0-1 Mario (min. 3); 0-2 Iago (min. 9); 0-3 Mario (min. 18); 0-4 Xoel (min. 24); 0-5 Iago (min. 31); 0-6 Xoel (min. 34); 0-7 Aarón (min. 37)

BENXAMÍNS 2-8 U.S.D. O Grove

Os Benxamíns disputaron o seu encontro tamén baixo un diluvio, e co problema engadido de non poder contar con varios xogadores por enfermidade. Incluso deuse a circunstancia que dos 3 porteiros cos que conta este plantel, ningún estaba disponible, polo que Anxo tivo que calzar os guantes.

Partido marcado polo clima e no que se veu pouco fútbol debido ao encharcado do campo. O que sí se viron foron goles, 10 entre os dous equipos, sendo a victoria para os visitantes por 2-8.

A seguir remando e noraboa polo gran esforzo realizado aos Benxamíns!!

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Anxo, Pablo, Hugo, Xabi, Aitor, Aleixo, David, Ethan, Iker, Nico e Darío.

U.S.D. O Grove: Lucas, Joaquín, David, Yago, Breixo, Saúl, Mauel, Alejandro, Ania, Saúl, Antón e Álex.

Goles: 0-1 Xavi p.p. (min. 2); 0-2 Yago (min. 12) 0-3 Mauel (min. 20); 1-3 David (min. 22); 1-4 Álex (min. 23) 1-5 Alejandro (min. 29); 1-6 Álex (min. 35); 2-7 Hugo (min. 41); 2-8 Breixo (min. 49)

CADETES 1-2 C.D. Bamio

Os Cadetes xogaron na mañán do domingo, xa cun pouco máis de tregua por parte do clima. Os rapaces de Alberto Durán pelexaron durante os 80 minutos, e tentaron de dar a volta aos goles que Hamza fixo nos minutos 10 e 27 do primeiro tempo. Non o lograron na primeira metade, pero  na reanudación, Dani fixo o 1-2 e logrou que o último tramo do encontro estivera cheo de emoción.

Volcaron o campo os nosos cadetes tentando lograr o empate, pero non foron quen de logralo. Ao final do tempo regulamentario, 1-2 e gran esforzo dos Cadetes. Noraboa a este grupo de rapaces, que semana a semana, seguen a competir con toda a ilusión e enerxía.

FICHA TÉCNICA

Moraña C.F.: Jorge, Ale (Rubén, min. 51) Pablo Sende, Andrés, David, Dani, Manu Sayáns, Pablo González (Raúl, min. 40), Pablo Ares, Isma Escariz e Fernando.

C.D. Bamio: Aarón, Adrian Ivan, Soto, Miguel (David, min. 43), Pablo, Maneiro, Jorge, Sopbkonsky (Pablo, min. 76), Alejandro (López, min. 80) e Hamza.

Goles: 0-1 Hamza (min. 10); 0-2 Hamza (min. 27); 1-2 Dani (min. 66)

 

Compárteo!

Deixa un Comentario