Deixamos nesta entrada toda a información dos encontros xogados polas distintas categorías do Moraña C.F. esta fin de semana.

Prebenxamíns 2 – 2 A.C.D. A Seca

73c8bcf7-c49d-4a00-8dd9-cd0ae3f271bb
Os Prebenxamíns xogaron un amigable contra a A.C.D. A Seca na mañán do sábado no Buelo, a partires das 10:00. O resultado ao final dos 50 minutos foi de empate a douses, polo que se lanzou unha tanda de penaltis na que saíron vencedores os morañeses por 5-4. Unha boa preparación para os torneos que lle quedan de aquí a final de tempada.

Xogaron polo Moraña C.F.: Roi, Xabi, Mario, Iago, Lucas, Xoel, Aleixo, David, Joel, Nico, Pablo, Dario e Iker.

Caldas C.F. 3 – 2 Infantiles

a584bc89-baed-4fd4-afb1-58189262e1f3

Unha vez máis, os últimos minutos condenaron aos nosos infantiles. O equipo de Alberto logrou adiantarse ata por dúas veces, primeiro cun gol de Pereira a pase de Dani e despois con outro golazo de Raúl. Pero un gol en propia porta no minuto 63, e outro de Alejandro C. no último minuto facía que o Caldas lle dera a volta ao marcador. Ánimo e a seguir traballando.

Caldas C.F.: Jorge, Álvaro (Jesús, min. 33), Iván, Alejandro (Yago, min. 72), Javier, Carlos, Carlos G. (Alejandro T. min. 72), Raúl (Gabriel, min. 39), Daniel, Daniel I., Alejandro C. (Yago min. 72)
Moraña C.F.: Iván, Dani, Anxo, Álex, Sende, Rubén, Isma, Pablo, Raúl (Lucas, min. 59), Pereira, Cristian.

Goles: 0-1 Pereira (min. 10); 1-1 Carlos (min. 15); 1-2 Raúl (min. 58); 2-2 P.P. (min. 63); 3-2 Alejandro C. (min. 80)

Moraña C.F. 4 – 0 Vilagacía S.D.

7461679b-9aac-4d96-9353-c7967516ae4f

Nova victoria dos Alevíns na 32ª xornada de Liga, coa que suman xa 20 nesta tempada. Bo traballo dos rapaces de Juan, que xogaron un partido moi completo e sacaron adiante o encontro con bo fútbol.

Moraña C.F.:André, Dani F., Álvaro, Sergio, Pablo, Yoel, Domi, Amestoy, Abel, Mateo, Jonathan, Óscar, Rubén, Juanma e David.

Villagarcía S.D.: Jorge, Alejandro, Luis, Gabriel, Daniel, Roi, Carlos, Elías, Joel, Borja, Pablo, Adrián, Diego, Carlos, Rubén, Iván.

Goles: 1-0 Yoel (min. 6); 2-0 Mateo (min. 31); 3-0 Domi (min. 58); 4-0 Amestoy (min. 65)

Maikel y Bes 1 – 0 Moraña C.F.

Os Veteranos quedaron fóra da Copa ao caer en Aldán ante o Maikel y Bes pola mínima. Os morañeses encaixaron o gol na primeira parte, e non lograron remontar este tanto. Agora a descansar e a preparar a vindeira tempada.

Moraña C.F.: Óscar Río, Ventura, Mario, Toño, Velay, Nico, Óscar Barros, Eloy, Jairo, Yeyo, Rafa, Sayáns e Fuentes.

Compárteo!

Comentarios Pechados.