Atl. Cuntis 4 – 4 A.X.Prebenxamíns

Os Prebenxamíns desfrutaron o sábado dun derbi cheo de alternativas ante o Atlético Cuntis na Ran. Nun encontro moi emocionante, adiantouse o Cuntis no minuto 5, pero Lucas e Alba poñían en vantaxe ao Moraña 1-2 antes do descanso. Na segunda metade, lograba empatar de novo o Cuntis no 38. Lucas volvía a poñer en vantaxe ao Moraña no 40. E gran reacción local, que con goles de Manuel e de Campos, se poñía en vantaxe 4-3 a falta de 5 minutos. Case co pitido final, Lucas certificaba co seu hattrick o definitivo 4-4. Noraboa a ambos equipos!

Ficha técnica

Atl. Cuntis: Pedro, Xabi, Cristian, Darío, Manuel, Marcos, Pedro, Xoel, Campos e Xián.

Moraña C.F.: Saúl, Xurxo, Alba, Iago, Lucas, Dani, Diego, Héctor, Breixo, Diego e Breixo.

Goles: 1-0 Campos (min. 5); 1-1 Lucas (min. 13); 1-2 Alba (min. 16); 2-2 Cristian (min. 38); 2-3 Lucas (min. 40); 3-3 Manuel (min. 41);  4-3 Campos (min. 45); 4-4 Lucas (min. 50).

Benxamíns 2 – 3 Mosteiro C.D.

Os Benxamíns recibían ao Mosteiro C.D. en xornada ligueira, nun encontro moi igualado e emocionante. Tardaron en chegar os goles, pero ao filo do descanso o Mosteiro lograba abrir a lata con gol de Pablo. Mario igualaba despois do descanso, pero Manuel volvía a darlle vantaxe os visitantes no 31. Os nosos non se rendiron, e puxeron o 2-2 con gol de Pablo no 37, pero Roque case co pitido final, no 47) poñía o definitivo 2-3. Bo traballo  e a seguir pelexando!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Roi, Pedro, Mario, Antón, Fernando, Iago, Mateo, Aarón, Joel e Pablo.

Mosteiro C.D.: Borja, Marcos, David, Raúl, Roque, Simón, Manuel, Pablo, Mateo, Luca, Paula e Yago.

Goles: 0-1 Pablo (min. 23); 1-1 Mario (min. 28); 1-2 Manuel (min. 31); 2-2 Pablo (min. 37); 2-3 Roque (min. 47)

Arosa Promesas 8 – 0 Alevíns

Os Alevíns viaxaron ao Manuel Jiménez, para enfrontarse ao Arosa Promesas. Os nosos pelexaron durante os 70 minutos, dando pequenos pasos na súa progresión, pero non puideron cos locais que se levaron os puntos ao vencer por 8-0. Malia todo, os nosos seguen traballando e competindo, e pouco a pouco irán chegando os resultados. Ánimo Alevíns!!

Ficha técnica

Arosa Promesas: Pablo, Javier, Ezequiel, David, Yago, Dani, Castro, Yeray, Héctor, Manuel, Rauel, Miguel, Nico, Hugo e Miguel.

Moraña C.F.: Darío Leboso, Pablo, Xabi, Anxo, Aitor, Yosi, Lucas, Rubén, Hugo, Aleixo, Óscar, Nico, Darío Redondo, Iker e Miguel.

Goles: Yeray, Héctor, Nico, Manuel (2), Miguel, Raúl e Miguel Seijo.

Unión Dena C.F. 3 – 8 Moraña C.F.

Os Cadetes xogaron na tarde do sábado un moi bo encontro ante o Unión Dena nas Cachizas, no que cimentaron a victoria nunha gran primeira parte, conseguindo unha vantaxe de 0-4 no primeiro cuarto de hora. Os nosos, tras este meteórico comezo, foron rentabilizando os esforzos, pero non deixaron de pelexar, deixando o marcador final no 3-8 definitivo. Noraboa e gra traballo.

Ficha técnica

Unión Dena C.F.: Roberto, Brais, Diego, Dani, Mateo, Dani, Xavi, Ricardo, David, Iván e Eloy. Tamén xogaron David, Christian e Edu.

Moraña C.F.: Iván, Anxo, Dani, Lucas, Rubén, Amestoy, Álex, Pereira, Domi, Álvaro e Jonathan. Tamén xogaron Óscar, Isma, Edu, Javi e Pablo Mouriño.

Goles: Polo Moraña Pereira (3), Domi (2), Jonathan, Álex e Edu. Polo Dena, David, Christian e Dani.

Xuveniles 3 – 2 C.D. Portas

Os Xuveniles recibían ao Portas nun interesante derbi, no que os nosos buscaban a primeira victoria do ano, saíndo a por todas dende o primeiro minuto. Fervenza adiantaba ao Moraña no 28, sendo este 1-0 o resultado ao descanso. Na segunda metade, David empataba nada máis comezar, pero Pereira rápidamente volvía a poñer aos nosos en vantaxe. No 70, Dani volvía a poñer a igualada, pero de novo Fervenza marcaba poñendo o 3-2. A falta de dous minutos para a finalización do encontro, este tivo que ser suspendido debido á agresión ao colexiado por parte dun xogador visitante. Agardaremos a decisión do Comité de Competición para confirmar o resultado deste encontro.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Jorge, Pablo, Iván, David, Edu, Cristian, Alejandro, Adri, Dani, Pereira e Fervenza. Tamén xogaron Rubén e Isma.

C.D. Portas.: Jose, Dani, Sergio, Marcos, Alejandro, Marcos, Facundo, David, Óscar, Joel e Juan. Tamén xogaron Ranses, Miguel e Jorge.

Goles: 1-0 Fervenza (min. 28); 1-1 David (min. 46); 2-1 Pereira (min. 48); 2-2 Dani (min. 70); 3-2 Fervenza (min. 79).

Compárteo!

Deixa un Comentario