Biberóns 2 – 8 A.C.D. A Seca

Primeiro partido dos bibes na liga de Poio xogado ante a A.C.D. A Seca. Un partido moi disputado, no que os nosos empezan a notar unha melloría no xogo. Cun inicio moi igualado, foi un partido de ida e volta no que o xogador nº10 da A.C.D marcou a diferencia.
A seguir así e pouco a pouco viran os resultados.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Lucas, Manu, Xabi, Xoel, Erik, Dylan, Iñaki, Gabi e Mauro.

Goles: Manu e Xoel

Prebenxamíns 4 – 3 U.S.D. O Grove

Nova xornada de Liga para os Pres que recibían a un histórico do fútbol galego, a U.S.D. Grove. Os noso rapaces arrancaron o encontro con moita forza, acadando pronto vantaxe con goles de Lucas (min. 1), e doblete de Iago (min. 12 e 14). Sergio recurtou para os visitantes no comezo da segunda metade, pero Alba poñía de novo terra de por medio co 4-1 (min. 34). No último tramo, o Grove púxolle emoción ao encontro, marcando Yago no 44 e Vila no 49, deixando o marcador no 4-3 final. Gran traballo dos dous equipos.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Saúl, Xurxo, Iago, Lucas, Dani, Diego, Breixo, Héctor, Breixo Ferrín, Alba e Diego.

U.S.D. O Grove: César, Izan, Denis, Yago, Sergio, Eloy, Álvaro, Yago e Xavi.

Goles: 1-0 Lucas (min. 1); 2-0 Iago (min. 12); 3-0 Iago (min. 14); 3-1 Sergio (min. 23); 4-1 Alba (min. 34); 4-2 Yago (min. 44); 4-3 Yago Vila (min. 49).

C.D. Bueu 5 – 6 Benxamíns

Partido de auténtico infarto o xogado polos nosos Benxamíns no Novo Municipal de Bueu na mañán do sábado. Un encontro con alternativas polos dous lados e nos que ata o pitido final non se decidiu nada. Comezou adiantándose o Bueu por medio de Hugo no 3, pero Iago xa empataba un minuto despois. No 7, Pablo marcaba en propia porta, pero Lucas só un minuto despois volvía a empatar 2-2 (min.8). No minuto 10, Mario poñía por diante de novo ao Moraña, pero Pedro no 12 volvía a igualar 3-3. Este incrible ida e volta continuou na segunda metade. Mario volvía a poñer en vantaxe ao Moraña e Hugo empataba de novo. Iago daba de novo vantaxe para os nosos e Aitor a falta de dous minutos, volvía a igualar 5-5. E case na última xogada do partido, Iago lograba o definitivo 5-6 que era o colofón para un incrible partido. Noraboa aos dous equipos por este recital de fútbol.

Ficha técnica

C.D. Bueu: Marcos, Mario, Hugo, Iván, Lucas, Aitor, Pablo, Pedro, Iker e Hugo.

Moraña C.F.: Antón, Joel, Pedro, Mario, Fer, Iago, Mateo, Aarón, Pablo, Roi e Antón Bernárdez.

Goles: 1-0 Hugo (min. 3); 1-1 Iago (min. 4); 1-2 Pablo p.p. (min. 7); 2-2 Lucas (min. 8); 2-3 Mario (min. 10) 3-3 Pedro (min. 12); 3-4 Mario (min. 22); 4-4 Hugo (min.23); 5-4 Iago (min. 30); 5-5 Aitor (min. 48); 5-6 Iago (min. 50).

Alevíns 0 – 16 E.F. Portero 2.000

Novo compromiso ligueiro dos Alevíns, esta vez ante un dos equipos da parte alta da táboa, a E.F. Portero 2.000. Os nosos non puideron cos pontevedreses, que venceron o encontro cun claro marcador de 0 a 16, cun primeiro tempo no que acadaron 12 goles. A seguir entrenando e pelexando.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Óscar, Ethan, Anxo, Aitor, Yosi, Lucas, Rubén, Hugo, Aleixo, Nico, Darío Redondo, Pablo, Darío Leboso e Iker.

E.F. Portero 2.000: Aarón, Gael, Manu, Anxo, DIego, Mario, Paula, Breixo, Pablo, Isma, Alexandre, Lucas, Iago e José.

Goles: Anxo p.p., Alexandre (7), Breixo (2), Mario (3), Diego, Pablo e Manuel.

Marcón Atlético 0 – 1 Infantiles

Igualadísimo o encontro dos nosos Infantiles no Carrasco ante o Marcón Atlético. Un partido no que parecía claro que o equipo que rompera a igualada ía a ser o que se levara os puntos. E afortunadamente foron os nosos quen o lograron no minuto 51, con gol de Mateo. Un único que gol que valeu os tres puntos desta visita. Noraboa!

Ficha técnica

Marcón Atlético.: Uxía, Alejandro, Fahlberto, Iker, Héctor, Mauro, Manuel, Anxo, Raúl, Roberto, Adri, Hugo, Jorge, Gonzalo, Pablo e Jairo.

Moraña C.F.: André, Saúl, Álvaro, Sergio, Pablo, Mateo, Jorge, David, Hugo, Alejandro, Aday, Brais, Joel, Marta e Raúl.

Goles: 0-1 Mateo (min. 51).

Moraña C.F. 3 – 2 Villalonga F.C.

Outro encontro igualado foi o desputado na tarde do sábado entre os nosos Cadetes e o Villalonga F.C. Os visitantes saíron con máis intensidade a este encontro, poñéndose con vantaxe de 0-2 nos primeiros minutos, cos goles de Sergio no 9 e de Fernando no minuto 11. Pero os nosos reaccionaron e lograron darlle a volta ao encontro. Comezou a remontada co gol de Edu no minuto 17, indo ao descanso con ese 1-2. Lucas nada máis comezar a segunda parte (min. 51) poñía o empate e Pereira só catro minutos despois facía o tercer tanto co que os nosos se poñían por diante e que resultaría definitivo. Noraboa!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Óscar, Isma, Anxo, Dani Fontán, Lucas, Amestoy, Edu, Álex, Pereira e Domi. Tamén xogaron Iván Rego, Iván Araújo, Javi e Jonathan.

Villalonga F.C.: Aarón, Rodri, Anxo, Lucas, Domínguez, Fer, Miguel, Alejandro, Sergio, Torres e Luis. Tamén xogaron Carlos e David.

Goles: 0-1 Sergio (min. 9); 0-2 Fer (min. 11); 1-2 Edu (min. 17); 2-2 Lucas (min. 51); 3-2 Pereira (min. 55).

Barro C.F. 4 – 0 Xuveniles

Novo derbi para os Xuveniles, esta vez na tarde do Venres ante o Barro C.F. Un derbi que se mantivo bastante igualado na primeira metade e que acabou por romper na segunda. Neste primeiro acto, David Riveiro facía o 1-0 no minuto 26, que foi o resultado ao descanso. Na segunda parte, os nosos buscaron a igualada con máis intensidade, feito que aproveitou o Barro para acadar unha maior vantaxe con goles de David e doblete de Adrián López para deixar o marcador nun claro 4-0 para os locais.

Ficha técnica

Barro C.F.: Iván, Diego, Vidal, Juan, Gabriel, Alejandro, Riveiro, Rodríguez, Dani, Alexandre e Fran. Tamén xogaron Mario, Adri e Alejandro.

Moraña C.F.: Jorge, Pablo, Iván, David, Edu, Cristian, Adri, Dani, Pereira, Allan e Fervenza. Tamén xogaron Isma, Lucas e Amestoy.

Goles: 1-0 Riveiro (min. 26); 2-0 David (min. 54); 3-0 Adri (min. 67); 4-0 Adri (min. 75).

Compárteo!

Deixa un Comentario