Prebenxamíns 3 – 3 A.X. Saraiba do Mar

Quinta xornada de Liga para os Prebenxamíns, que se recibían no Buelo ao A.X. Saraiba do Mar. Un gran partido por parte dos dous equipos, que tiveron alternativas  durante todo o encontro. Adiantáronse os visitantes, con gol de Iván no minuto 22. Joaquín poñía máis vantaxe no 23, pero Lucas cun doblete (no 26 e no 27) volvían a poñer a igualada 2-2. Alba, ao anotar un penatli poñía o 3-2 no minuto 35, e finalmente Antón só un minuto despois, poñía o definitivo 3-3. Grandes, Pres!!

Ficha técnica

Moraña C.F.: Saúl,,Breixo, Xurxo, Iago, Lucas, Dani, Breixo, Héctor, Alba e Diego.

AX. Saraiba do Mar: Iván, Dani, Mateo, Miguel, Leo, Galiñanes, Joaquín, Yago, Juan Pablo, Antón e Hugo.

Goles: 0-1 Iván (min. 22); 0-2 Joaquín (min. 23); 1-2 Lucas (min. 26); 2-2 Lucas (min. 27);  3-2 Alba, penalti (min. 35); 3-3 Antón (min. 36).

Alevíns 0 – 4 Villalonga F.C.

Os Alevíns tamén xogaron no Buelo, recibindo ao Villalonga F.C. Un novo encontro ligueiro no que os nosos seguen avanzando e mellorando, e no que lograron non encaixar na primeira metade, chegando 0-0 ao descanso. Na segunda metade, o Villalonga conseguiu abrir a lata por medio de Martín no minuto 37. O propio Martín poñía máis vantaxe no 42 co 0-2, e Jonathan e Rodri facían un gol cada un para deixar o marcador no 0-4 final.

Ficha técnica

Moraña C.F.: Óscar, Ethan, Pablo, Xabi, Anxo, Aitor, Yosi, Lucas, Rubén, Hugo, Aleixo, Nico, Darío Leboso, Darío Redondo, Iker e Jonathan.

Villalonga F.C.: Dani, Manu, Parada, Dani, Martín, Óscar, Pablo, David, Basdedios, Jonathan, Rodri, Javi, Fontán e Miguel.

Goles: 0-1 Martín (min. 37); 0-2 Martín (min. 42); 0-3 Jonathan (min. 56); 0-4 Rodri (min. 61).

Caldas C.F. 1 – 0 Infantiles

Intensísimo derbi o xogado entre os nosos Infantiles e os do Caldas C.F. nas Corticeiras na mañán do sábado. O encontro estivo marcado pola igualdade entre ambos os equipos, sen que todas as ocasións se materializasen. Cando parecía que o partido ía rematar con empate e reparto de puntos, Anxo a falta de 3 minutos facía o gol co que os caldenses se quedaban cos puntos.

Ficha técnica

Caldas C.F.: Sergio, Hugo, Iker, Iago, Dani, Iago, Zaira, Isma, Estefan, Dani e Anxo. Tamén xogaron Álex, Diego e David.

Moraña C.F.: André, Saúl, Álvaro, Sergio, Pablo, Mateo, Jorge, David, Hugo, Alex e Aday. Tamén xogaron Brais, Joel, Marta e Raúl.

Goles: 1-0 Anxo (min. 77).

Atl. Cuntis 4 – 1 Cadetes

Os Cadetes tamén tiñan derbi, desta volta na Ran ante o Atlético Cuntis. Os nosos pelexaron a reo, pero non puideron cun rival con moitísima pegada, que cos goles de Martín e Aleixo na primeira metade, chegaba ao descanso con vantaxe de 2-0.

Na segunda parte, os nosos arriscaron un chisco máis, tentando recortar e o Cuntis aproveitou este feito para matar á contra, poñéndose 0-4 cun doblete de Jaime. Pereira fixo o gol morañés no minuto 76, pero xa era tarde para a reacción. Ánimo e a seguir pelexando.

Ficha técnica

Atl. Cuntis: Carlos, Roi, Ángel, Xabi, Rubén, Jaime, Aleixo, Ricardo, Luca, Iván e Martín. Tamén xogaron Mario, Losada e Andrés.

Moraña C.F.: Óscar, Dani, Anxo, Lucas, Rubén, Amestoy, Edu, Álex, Pereira, Domi e Javi. Tamén xogaron Iván Rego e Iván García.

Goles: 1-0 Martín (min. 20); 2-0 Aleixo (min. 28); 3-0 Jaime (min. 63); 4-0 Jaime (min. 72); 4-1 Pereira (min. 76).

Compárteo!

Deixa un Comentario