Un ano máis, a MorañaCUP foi unha auténtica festa do Fútbol Base. No Campo de O Buelo, oito clubes deron o máximo para facerse co Torneo en tres categorías: Prebenxamín, Benxamín e Alevín, todos en modalidade de F8.

Aquí vos deixamos un resumo da competición!

PREBENXAMÍNS

Na categoría Prebenxamín catro equipos loitaban por acadar o título: E.F.B. Cangas, Barro C.F., A.J. Lérez e Moraña C.F. O formato de competición compoñíase dunha liguiña entre estes catro equipos, que deixaría unha clasificación na que se enfrontarían en dúas semifinais primeiro e terceiro, e segundo e cuarto. Os resultados da Liguiña:

MORAÑA C.F. 3-0 BARRO C.F.

MORAÑA C.F. 0-1 E.F.B. CANGAS

A.J. LÉREZ 2 – 1 MORAÑA C.F.

E.F.B. CANGAS 3-1 A.J. LÉREZ

BARRO C.F. 1-2 A.J. LÉREZ

BARRO C.F. 0 – 9 E.F.B. CANGAS

As semifinais quedaban configuradas entre a E.F.B. Cangas e o Barro C.F., na que os do Morrazo venceron por 7-0. Na outra semifinal, o Moraña vencía por 4-1 á A.J. Lérez. No 3º e 4º posto, a A.J. Lérez venceu ao Barro C.F. pola mínima. E na gran final, a E.F.B. Cangas vencía ao Moraña C.F. por 1-3, acadando a ansiada MorañaCUP. Noraboa!!

BENXAMÍNS

Na categoría Benxamín eran seis os equipos que tentaban gañar o Torneo: Pontevedra C.F., Barro C.F., Caldas C.F., A.J. Lérez, E.F.B. Terra de Montes e Moraña. Neste caso, o formato de competición estaba composto por dous grupos no que se xogaba unha liguiña que definía 5 e 6º posto, semifinais e final. Os resultados da Liguiña:

Grupo «A»

PONTEVEDRA C.F. 4-1 BARRO C.F.

A.J. LÉREZ 4-0 PONTEVEDRA C.F.

BARRO C.F. 0 – 7 A.J. LÉREZ

Grupo «B»

MORAÑA 0-4 CALDAS C.F.

E.F.B. TERRA DE MONTES 2-3 MORAÑA C.F.

CALDAS C.F. 4 – 0 E.F.B. TERRA DE MONTES

Con este resultados, quedaban xa configurados o resto de enfrontamentos. Nun intenso encontro polo 5º e 6º posto, o empate entre Barro C.F. e E.F.B. Terra de Montes rematou con empate 2-2. Na quenda de penaltis, o Barro venceu por 3-2.

Na primeira semifinal, o Pontevedra C.F. venceu ao Caldas C.F. por 5-0. A A.J. Lérez tamén superaba ao Moraña C.F. por 4-0, polo que teriamos final pontevedresa.

No 3º e 4º posto, o Caldas vencía ao Moraña por 4-0, acadando a terceira plaza.

E na gran final, a A.J. Lérez vencía ao Pontevedra C.F. por 3-0, facéndose co Título da MorañaCUP.

 

ALEVÍNS

Tamén na categoría Benxamín eran seis os equipos que tentaban gañar o Torneo: Pontevedra C.F., Barro C.F., Caldas C.F., A.J. Lérez, Campo Lameiro C.D. e Moraña. Mesmo formato de competición que os Benxamíns, con dous grupos no que se xogaba unha liguiña que definía 5 e 6º posto, semifinais e final. Os resultados da Liguiña:

Grupo «A»

PONTEVEDRA C.F. 2-2 BARRO C.F.

A.J. LÉREZ 5-0 PONTEVEDRA C.F.

BARRO C.F. 0 – 1 A.J. LÉREZ

Grupo «B»

MORAÑA 0-2 CALDAS C.F.

CAMPO LAMEIRO C.D. 6-0 MORAÑA C.F.

CALDAS C.F. 0 – 3 CAMPO LAMEIRO C.D.

Con este resultados, quedaban xa configurados o resto de enfrontamentos.

Moi igualado o encontro polo 5º e 6º posto, no que o Pontevedra C.F. venceu por 1-0 ao Moraña C.F.

A primeira Semifinal entre Campo Lameiro C.D. e Barro C.F. foi para os de Barro, vencendo por 0-2. A A.J. Lérez pola súa banda, vencía ao Caldas C.F. por 2-0, acadando o pase á final.

No 3º e 4º posto, o Caldas vencía ao Campo Lameiro C.F. por 2-0, acadando a terceira plaza.

E na gran final, a A.J. Lérez vencía ao Barro C.F. por 0-2, facéndose co Título da MorañaCUP.

 

 

 

Compárteo!

Deixa un Comentario