CATEGORÍA BENXAMÍN

Os Benxamíns comezaron a MorañaCUP ás 10:30, con moita ilusión e gañas de sacar o mellor resultado posible.

No Grupo A os resultados foron:

  • MORAÑA C.F. 0 – 2 S.C.D. PONTECALDELAS»A»
  • MORAÑA C.F. 4 – 0 CAMPO LAMEIRO C.D.
  • S.C.D. PONTECALDELAS «A» 1 – 0 CAMPO LAMEIRO C.D.

Con estes resultados, pasaban como primeiro de grupo a S.C.D. Ponte Caldelas «A», segundo o Moraña C.F. e o Campo Lameiro C.D. xogaba o 5º e 6º posto.

No Grupo B os resultados foron:

  • S.C.D. PONTECALDELAS»B» 0 – 3 E.F. VILLA DE MARIN
  • S.C.D. PONTECALDELAS»B» 2 – 0 CORUXO C.F.
  • CORUXO C.F. 1 – 1 E.F. VILLA DE MARIN

Con estes resultados, a E.F. Villa de Marín pasaba como primeira de grupo, a S.C.D. Ponte Caldelas como segundo de grupo e o Coruxo C.F. xogaba o 5º e 6º posto.

5º e 6º posto
A quinta e sexta plaza xogouse nun encontro moi igualado. Ao final dos 25 minutos, o Coruxo acadou esta quinta plaza con resultado de 2-1. Marcaron polos vigueses Miguel e Omar, e polos de Campo Lameiro, Pablo.

Semifinais
Nas semifinais da categoría Benxamíns, houbo auténticos partidazos.
Na primeira, o Moraña C.F. logrou o billete a finalísima ao vencer á E.F. Villa de Marín por 3-0, con goles de Aday por partida doble e David.
O outro finalista sería á S.C.D. Ponte Caldelas «A», que vencía ao Ponte Caldelas «B» por 2-0.

3º e 4º posto
Na disputa polo bronce, a E.F. Villa de Marín superou ao Ponte Caldelas «B» no lanzamento de penaltis, tras empatar a treses no encontro. O resultado nos penaltis foi de 2-1.

Final
Na finalísima, repetíase o encontro inaugural entre Moraña e Ponte Caldelas «A». O resultado final foi de 2-0, marcaron Isaac e Luis e o Ponte Caldelas facíase co título da MorañaCUP.

campeon-benja

Compárteo!

Deixa un Comentario