Recén concluída a Terceira Edición da MorañaCUP, en primeiro lugar e antes de nada o Moraña C.F. quere agradecer a todos os equipos que nos visitaron no día de hoxe, aos que tentamos brindarlle un día no que desfrutar do fútbol e facéndolle a estancia o máis cómoda posible.
Tamén queremos agradecer aos colaboradores e patrocinadores, sen os que sería imposible sacar adiante este Torneo. E primordialmente a todos os delegados, xogadores e directivos que durante todo o día de hoxe traballaron a reo para que a MorañaCUP fora un éxito.

CATEGORÍA PREBENXAMÍN

Na categoría Prebenxamín, o torneo comezou á primeira hora, con dúas fases de grupos.

No Grupo A os resultados foron:

  • MORAÑA C.F. 0 – 1 S.C.D. PONTECALDELAS
  • MORAÑA C.F. 3 – 1 A.X.D. VERDUGO
  • S.C.D. PONTECALDELAS 5 – 0 A.X.D. VERDUGO.

Con estes resultados, pasaban como primeiro de grupo a S.C.D. Ponte Caldelas, segundo o Moraña C.F. e a A.X.D. Verdugo xogaba o 5º e 6º posto.

No Grupo B os resultados foron:

  • A.C.D. A Seca 1 – 0 E.F. Portero 2.000
  • A.C.D. A Seca 5 – 0 S.D. Monteporreiro
  • S.D. Monteporreiro 0 – 5 E.F. Portero 2.000

Así, a A.C.D. A Seca pasaba como primeira de grupo, o Portero 2.000 como segundo e a S.D. Monteporreiro xogaba o 5º e 6º posto.

5º e 6º posto
Nun apaixoante partido, a S.D. Monteporreiro, fíxose coa quinta plaza, ao vencer por 3-1 á A.X.D. Verdugo. Marcou un «hattrick» Cristian por parte do Monteporreiro, e Juen fixo o gol do Verdugo.

Semifinais
As Semifinales da categoría Prebenxamín estiveron apretadísimas.
Na primeira, o Portero 2.000 logrou o seu billete para a final ao vencer á S.C.D. Ponte Caldelas por 1 a 0 con gol de Kirion.
O Moraña lograba ser o outro finalista ao vencer tamén pola mínima á A.C.D. A Seca, con gol de David.

3º e 4º posto
A A.C.D. A Seca facíase co terceiro posto final, ao vencer tamén pola mínima á S.C.D. Ponte Caldelas, grazas a un gol de Antonio.

Final
Se igualadas foron as eliminatorias, a final non o foi menos. Moraña C.F. e Portero 2.000 enfrontábanse por acadar o título da MorañaCUP. 0-0 ao final dos 25 minutos e chegouse á lotería dos penaltis, onde o Portero 2.000 acadou o título.

DSC_0087 - copia

Compárteo!

Comentarios Pechados.