Así lle foi a Fin de Semana aos equipos do Moraña C.F.

C.D. Moaña «B» 7 – 1 Infantiles

Os infantiles pecharon a liga xogando en O Casal ante o Moaña. Os nosos rapaces aguantaron ben o tipo mentres lles aguantou o físico nunha mañán de moitísima calor e onde as baixas só permitiron xuntar a 12 rapaces para a desputa do encontro. Foise co resultado de 2-1 ata o minuto 58, pero coa chegada do baixón polo esforzo, os locais fixeron 5 goles no tramo final. Bo traballo deste equipo infantil, composto na súa maior parte por xogadores de primeiro ano. Moito ánimo e a preparar a última cita do ano, o Torneo de Campo Lameiro.

C.D. Moaña «B»: David (Yerom min. 41), Aarón, Juan, Martín, Eloy, Alejandro (Manuel, min. 46), Lanzos, Eric, Ethan (Rafael min. 60), Diego (David, min. 55), Marcelo.
Moraña C.F.: Iván, Sende, Cristian, Rubén (Isaac, min. 52), Pablo, David, Edu, Pereira, Raúl, Dani, Jorge.
Goles: 1-0 Ethan (min. 6); 1-1 Pablo Fraga (min. 35); 2-1 Lanzos (min. 35); 3-1 David (min. 58); 4-1 David (min 66); 5-1 Manuel (min. 66); 7-1 Lanzos (min. 78).

Alevíns 4 – 0 E.F.B. Vilanova

Tamén remataron a súa participación ligueira os Alevíns, vencendo no Buelo á E.F.B. Vilanova por 4-0. Os de Juan López realizaron un gran traballo nesta liga Alevín F11, acadando a sétima plaza empatados a puntos co sexto clasificado. Moi boa tempada, e xa só queda poñer punto e final coa participación no Torneo de Cuntis a vindeira semana.

Moraña C.F.: André, Dani Fontán, Álvaro, Pablo, Yoel, Alex, Lucas, Amestoy, Juanma, Mateo, Jonathan, Sergio, Domi e Gael
E.F.B. Vilanova: Iker, David, Pablo, Eric, Christian, Nicolas, Alberto, Sergio, Matias, Daniel, Juan, Adrián e Lucas
Goles: 1-0 Mateo (min. 6); 2-0 Lucas (min. 13); 3-0 Domi (min. 42); 4-0 Pablo (min. 53).

Torneo de San Vicente de O Grove

O Moraña C.F. enviou ao Grove ao torneo organizado pola S.D. Amanecer as súas categorías Benxamín (sábado) e Prebenxamín (domingo). Os Benxamíns xogaron sábado e os Pres, o domingo. Ambos conxuntos desfrutaron do Torneo ao máximo. Os Benxamíns non lograron pasar da fase de grupos, e os Pres que si o lograron caendo 3-0 ante a A.C.D. A Seca e Noalla e vencendo ao Mosteiro por 2-0. Na seguinte eliminatoria caeron ante o Villa de Marín.
Esta vindeira fin de semana, pecharán a tempada desputando os torneos de Campo Lameiro (Benxamíns) e Cuntis (Prebenxamíns).

Biberóns

Os máis pequenos da casa tiveron un fin de semana cheo de fútbol, desputando a Illa Cup o sábado (acadando a cuarta plaza) e o Torneo Terra de Montes (onde foron terceiros). Noraboa a este grupo de rapaces, que nunca decepcionan e sempre dan o callo en todas as competicións nas que participan. A seguir pelexando e a polo último Torneo do ano, a vindeira semana en Cuntis.

Compárteo!

Comentarios Pechados.