PREBENXAMÍNS 11 – 4 Figueirido C.F.

Gran partido e con resultado abultado o xogado polos nosos Prebenxamíns na mañán do sábado no Buelo. Os rapaces de Roberto Vidal saíron ao encontro con moitas ganas, e xa no primeiro tramo de encontro encarrilaron o mesmo cun Mario moi inspirado.

A pesares de que os nosos estiveron sempre por diante do marcador, o Figueirido non baixou os brazos en ningún momento, sen perderlle a cara ao encontro e tentando recurtar diferencias para pelexar os puntos. Pero os Pres estaban desatados este sábado, e tras un vibrante encontro, deixaron o marcador en 11-4.

Unha semana máis, noraboa a este grupo de xogadores, que está a firmar unha tempada espectacular. A seguir traballando igual!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Lois, Aarón, Joel, Iago, Xoel, Fer, Mauro, Mario, Roi, Adrián e Saúl.

Figueirido C.F.: Xulia, Hugo, Jorge, Raúl, Fabián, Tomás, Hugo, Iglesias, Adrián, Breixo e Mateo.

Goles: 1-0 Mario (min. 2); 2-0 Mario (min. 3); 3-0 Mario (min. 5); 3-1 Raúl (min 7); 4-1 Mario (min. 12); 5-1 Aarón (min. 24); 6-1 Mario (min. 30); 7-1 Fernando (min. 33); 7-2 Hugo (min- 36); 8-2 Joel (min. 37); 9-2 Aarón (min- 40); 9-3 Raúl (min. 41); 10-3 Iago (min. 45): 11-3 Aarón (min. 47); 11-4 Jorge (min. 47)

BENXAMÍNS 3 – 6 S.D. Chispa

Os Benxamíns recibían na mañán do sábado ao S.D. Chispa no Buelo, en xornada de Liga. Os rapaces de Eloy pelexaron durante todo o encontro, pero a victoria caeu do lado dos de Vilagarcía.

O encontro tivo un comezo frenético, con ata 4 goles en 6 minutos. Adiantou David ao Moraña no primeiro minuto, pero Anxo respondía no seguinte. Volvía a adiantar David ao Moraña no minuto 4, pero de novo Anxo facía o empate no 6. Tras este reparto de golpes inicial, o encontro baixou un chisco de ritmo. Elías poñía en vantaxe ao Chispa antes do descanso.

Nos segundos 25 minutos, colleron vantaxe os visitantes, e malia que Aitor recurtou distancia cun bo gol, os vilagarcianos fixeron 3 goles maís que lles serviron para poñer o marcador no 3-6 definitivo e levar os puntos.

Bo traballo dos Benxamíns, a seguir pelexando!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Darío Maceiras, Pablo, Xabi, Aitor, Anxo, Aleixo, Alexandre, David, Rubén, Iker, Nico, Ethan e Jonathan.

S.D. Chispa.: Manuel, Sergio, Mateo, Miguel, Iria, Anxo, Hugo, Elías, Álvaro, Leo, Álex, Pablo e Dani.

Goles: 1-0 David (min. 1); 1-1 Anxo (min. 2); 2-1 David (min. 4); 2-2 Anxo (min. 6); 2-3 Elias (min. 15); 2-4 Dani (min. 23); 2-5 Elías (min. 27); 3-5 Aitor (min. 35); 3-6 Elías (min. 41)

Meaño F.C. 2 – 0 ALEVÍNS

 

Os Alevíns viaxaron a Meaño na mañán do domingo con moitas baixas para afrontar o seu encontro ligueiro. Así, só con 8 xogadores enfrontáronse a este partido, no que pelexaron canto puideron pero non lograron puntos.

O Meaño adiantouse cedo, con gol de Alejandro no minuto 14. Es 1-0 foi o resultado durante case todo o encontro, dando esperanza aos nosos de acadar o empate, pero non puido ser. Case co pitido final, Jonathan facía a sentencia para o Meaño F.C.

A desfrutar do descanso de Semana Santa e a ver se recuperamos efectivos!!

Ficha Técnica

Meaño F.C.: Rodrigo, Brais, Jonathan, Brias, Sergio, David, Miguel, Alejandro, Martín, SIlva e Vidal.

Moraña C.F.: André, Saúl, Damián, Álvaro, Sergio, Pablo, Jorge e Aday.

Goles: 1-0 Alejandro (min. 14); 2-0 Jonathan (min.45)

Caldas C.F. 2 – 1 INFANTILES

Os Infantiles non foron quen de reeditar a victoria do partido de ida ante o Caldas C.F. e caeron nas Corticeiras. Os rapaces de Alberto estiveron dentro do encontro en todo momento, pero non puideron traer puntos. O encontro foi igualadísimo nos 80 minutos, e só os pequenos detalles e leves desaxustes nos dous equipos facían chegar o perigo.

O Moraña logrou adiantarse xusto antes do descanso, con gol de Raúl, pero trala reanudación, no 42, Ángel poñía a igualada. Segundo pasaban os minutos quedaba claro que se algún dos dous equipos lograba anotar, sería o que se levara os puntos. E foi o Caldas, por medio de Carlos no minuto 73 o que fixo o 2-1, ao que os nosos xa non puideron responder.

Gran traballo dos Infantiles neste encontro e en toda a tempada. A seguir traballando!

Ficha Técnica

Caldas C.F.: Carlos, Marco, Alvaro, Pedro, Carlos Otero, Raúl, Anxo (Yago, min. 67), Daniel, Pablo (Jesús, min. 76), Ángel e Nico (Adri, min. 55).

Moraña C.F.: Iván, Isma (Isaac, min. 63), Jonathan, Rubén, Domi (Amestoy, min. 60), Pereira, Raúl, Javi (Iván Suárez, min. 72), Álex (Lucas, min. 72), Dani Fontán e Anxo.

Goles: 0-1 Raúl (min. 39); 1-1 Angel (min. 42); 2-1 Carlos (min. 73)

Barro C.F. 4 – 1 XUVENILES

 

Os Xuveniles pecharon a súa participación ligueira nesta tempada 2016-2017 no derbi xogado o sábado ás 16:00 en Perdecanai ante o Barro C.F. Os rapaces de Celsiño chegaron a este encontro final con varias baixas, pero con ganas de pechar o ano competindo.

Adiantáronse cedo os locais, cun gol de Alejandro no minuto 3. Fran poñía máis terra de por medio no minuto 28, deixando este marcador de 2-0 ao descanso. Na reanudación, puxo emoción Adri no marcador facendo o 2-1 no 70, pero en só 3 minutos o Barro sentenciaba con 3-1 de Manu no 71 e Alejandro no 73. Quedaba o electrónico no 4-1 final.

Tempada liquidada por parte da categoría Xuvenil. Agora a pechar o ano e a descansar moito para comezar a vindeira con moita enerxía.

Ficha Técnica

Barro C.F..: Juan Carlos, Alejandro, Aarón, Fran, David (Erik, min. , Pedro (Alejandro, min. 55), Riveiro, Adrián (Manuel, min. 55), Diego, Kevin e Abal.

Moraña C.F.: Jose, Andrés, Iago, Adri, Martín, Javi, Gabriel (Donato, min. 55), Ferro, Héctor (Reboredo, min. 68), Abalo e Alex (Giao, min. 73).

Goles: 0-1 Alejandro (min. 3); 0-2 Fran (min. 28); 2-1 Adri (min. 70); 3-1 Manu (min. 71); 4-1 Alejandro (min. 73)

Compárteo!

Deixa un Comentario