Domaio F.C. 0 – 7 PREBENXAMÍNS

Os Pres madrugaron na mañán do sábado, viaxando a Domaio para enfrontarse ao equipo morracense. Os rapaces de Roberto non acusaron o xogar tan temprano e comezaron o encontro moi enchufados. Aarón en 3 minutos xa puso aos nosos con vantaxe 0-2, e antes do descanso Xoel e de novo Aarón poñían un claro 0-4.

Tralo paso polos vestiarios, non baixaron o pistón os nosos rapaces, e grazas a un doblete de Mario (minutos 35 e 37) e a un gol de Iago (min. 40) pecharon o encontro co 0-7 definitivo.

Gran traballo deste grupo de xogadores, que seguen con paso firme o seu paso por esta fase da Liga. A seguir así!!

 

Ficha Técnica

Domaio F.C.: Adán, Álvaro, Brais, Antón, Mateo, Iker, Mario, Diego, Nathan e Daniel.

Moraña C.F.: Lois, Aarón, Joel, Iago, Xoel, Fer, Mauro, Mario, Roi, Antón, Adrián e Pedro.

Goles: 0-1 Aarón (min. 1); 0-2 Aarón (min. 3); 0-3 Xoel (min. 12); 0-4 Aarón (min. 20); 0-5 Mario (min. 35); 0-6 Mario (min. 37); 0-7 Iago (min. 40)

U.S.D O Grove 8 – 1 BENXAMÍNS

Esta semana, os Benxamíns adiantaron a xornada viaxando ao Grove na tarde do Xoves para enfrontarse ao equipo desta localidade. Os rapaces de Eloy traballaron a reo para lograr traer algún punto, pero non foron quen ante un equipo grovense que se mostrou moi superior durante todo o encontro.

En só 8 minutos, o Grove puxo terra de por medio cun claro 3-0, pero os nosos non baixaron os brazos e seguiron pelexando durante todo o encontro. Premio a esa tenacidade foi o gol da honra, un gol olímpico de córner directo que fixo David no minuto 46.

Ao final dos 50 minutos, resultado de 8-1 para o Grove.

Bo traballo dos Benxamíns, a seguir pelexando!!

Ficha Técnica

U.S.D. O Grove: Gaizka, Álex, Saúl, David, Joaquín, Breixo, Mauel, Saúl, Ania e Yago.

Moraña C.F.: Darío Maceiras, Hugo, Xabi, Aitor, Lucas, Anxo, Aleixo, David, Rubén, Pablo, Darío Redondo e Ethan.

Goles: 1-0 David (min. 1); 2-0 Breixo (min. 3); 3-0 Yago (min. 8); 4-0 Breixo (min. 19); 5-0 Saúl (min. 20); 6-0 David (min. 23); 7-0 Breixo (min. 42); 7-1 David (min. 46); 8-1 David (min. 48).

INFANTILES 8 – 2 Barro C.F.

Os Infantiles venceron ao Barro no Derbi xogado no Buelo na mañán do Domingo. Os rapaces de Alberto comezaron xa a sentar as bases do que vai ser a vindeira tempada neste encontro no que só participaron 4 xogadores de segundo ano e onde debutaron en competición oficial dous Alevíns, Damián e André.

O encontro decantouse do lado morañés moi pronto, xa que na primeira media hora de encontro Álex (no 4 e no 31) e Lucas (no 12 e 13) puxeron aos nosos 4-0 arriba. Rubén Souto fixo o quinto xusto antes do descanso.

No segundo tempo chegarían 3 goles máis por parte local, obra de Rubén Souto (min. 39) e de Raúl, que non podía faltar á súa cita co gol. Firmou un doblete en só 25 minutos. Nos últimos intres do encontro, o Barro foi quen de facer dous goles, obra de David no 70 e de Hugo, case co pitido final (min. 79).

Gran traballo dos Infantiles neste encontro e en toda a tempada. A seguir traballando!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Óscar (André, min. 41), Isma (Raúl, min. 53), Isaac, Jonathan, Lucas (Javi, min. 53), Pereira (Damián, min. 49), Rubén Souto (Domi, min. 53), Amestoy, Alex, Dani Fontán e Anxo.

Barro C.F.: Martin, Tomas, Diego, Carlos, Yago, Hugo, Evaristo, Martín, Dani, David, Ángel e Luis.

Goles: 1-0 Álex (min. 4); 2-0 Lucas (min. 12): 3-0 Lucas (min. 13); 4-0 Álex (min. 31); 5-0 Rubén Souto (min. 39); 6-0 Rubén Souto (min. 52); 7-0 Raúl (min. 59); 7-1 David (min. 70); 8-1 Raúl (min. 78); 8-2 Hugo (min. 79).

E.F.B. Vilanova 6 – 0 CADETES

Outro equipo que xa leva todo o ano tirando de compañeiros de categoría máis xoven son os Cadetes, se ben neste último tramo de liga o obxectivo e xa ir preparando o equipo de cara a 2017-2018, polo que o peso dos infantiles de segundo ano vai ser aínda maior.

Os rapaces de Alberto Durán viaxaron ao Terrón para enfrontarse á E.F.B. Vilanova, con catro xogadores infantiles que xogaron os 80 minutos. Gran traballo de todo este equipo, que pelexou canto pudo por sacar un resultado mellor, pero non lograron sacar puntos desta visita. Unha vez máis, ánimo a este equipo, que leva todo o ano loitando contra as dificultades e noraboa ao bloque infantil que tamén leva toda a tempada formando parte deste grupo, gran traballo de todos os xogadores!

A seguir traballando!!

 

Ficha Técnica

E.F.B. Vilanova.: Ivan, Jorge, Gabriel, Rubén, Manu, Adri, Raú, Angel, Roberto, Noel e Rodrigo.

Moraña C.F.: Iván, Raúl, Isma, Rubén Candal, David, Dani, Pablo González, Isma, Fernando, Jorge e Álex.

Goles: 1-0 Manuel (min. 4); 2-0 Angel (min. 14); 3-0 Raúl (min. 27); 4-0 Raúl (min. 32); 5-0 Ángel (min. 38); 6-0 Raúl (min. 41)

Compárteo!

Deixa un Comentario