Aquí deixamos os resumos de todos os encontros xogados pola nosa base nesta fin de semana!!

 

Benxamíns «B» 4 – 2 A.C.D. A Seca «B»

Gran encontro do noso Benxamín «B» o xogado na mañán do sábado no Buelo. Os nosos rapaces xogaron ante un rival difícil, que era como a A.C.D. Seca «B». E cedo mostraron os visitantes o seu potencial, xa que Daniel Rodríguez poñía o 0-1 no minuto 2. Cedo neutralizaron os nosos esa vantaxe, cun gol de Xoel no 5. E lograban darlle a volta grazas a Mario, que poñía o 2-1.

Esta vantaxe deixaba o encontro aberto, pero Yosef no 29 e Pablo no 37 poñían terra de por medio. Só case co pitido final, Daniel Rodríguez facía o segundo gol para os pontevedreses, poñendo o definitivo 4-2.

Noraboa chavales, gran partido!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Óscar, Roi, Aarón, Xoel, Mario, Mateo, Mauro, Yosef, Pablo e Joel.

A.C.D. A Seca «B»: Pablo, Jaime, Juan, Daniel Clemente, Daniel Rodríguez, Xoel, Mateo, Marcelino, Carlos, Alejandro, Jorge e Luis.

Goles: 0-1 Daniel Rodríguez (min. 2); 1-1 Xoel (min. 5); 2-1 Mario (min. 23); 3-1 Yosef (min. 29); 4-1 Pablo (min. 37); 4-2 Daniel Rodríguez (min. 49).

Benxamín «A» 3 – 6 E.F. Portero 2.000 «C»

Os nosos Benxamíns «A» xogaron un encontro de auténtico infarto na mañán do sábado ante a E.F. Portero 2.000 «C». Un partido que viviu idas e voltas no marcador sen parar. Marcaron primeiro os pontevedreses, con gol de Breixo no minuto 4. Reaccionaron os morañeses, con dous goles de Iago nos minutos 8 e 12 que lle daban a volta ao partido. Pero antes do descanso dous goles de Hugo (no 20 e no 23) volvían a poñer en vantaxe aos visitantes.

Tralo paso polos vestiarios, parecía que o Portero 2.000 certificaba a victoria co gol de Xuan no 34, pero Iago poñía emoción marcando o 3-4 no 41. Quedaban 10 minutos para que os nosos buscasen o empate e volcándose en atacar, feito que aproveitaron os do Portero para facer dous goles máis de Xuan (no 45) e Alejandro (no 46) que pechaba o marcador final de 3-6.

Gran partido e bo traballo rapaces!!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Darío Maceiras, Aitor, Xabi, Iker, Lucas, Darío Redondo, Aleixo, David, Pablo Montáns, Iago Soto, Ethan, Nico e Jonathan.

E.F. Portero 2.000: Hugo, Roque, Lucas, Hugo, Anxo, Sergio, Manuel, Aitor, Breixo, Felipe, Alejandro, Xuan, Héctor e Alejandro Vila.

Goles: 0-1 Breixo (min. 4); 1-1 Iago (min. 8); 2-1 Iago (min. 12); 2-2 Hugo (min. 20); 2-3 Hugo (min. 23); 2-4 Xuan (min. 34); 3-4 Iago (min. 41); 3-5 Xuan (min. 45); 3-6 Alejandro (min. 46).

Alevíns 0 – 3 Caldas C.F.

Derbi por todo o alto na categoría Alevín de F8 no Buelo na mañán do sábado. Os Alevíns enfrontábanse aos nosos veciños do Caldas nun encontro moi disputado. Ambos equipos xogaron a un gran nivel, se ben a balanza se inclinou para o lado visitante.

O Caldas lograba adiantarse cedo, con gol de Dani no minuto 15, que foi o único gol dos primeiros 25 minutos. Tralo descanso, os nosos buscaron a reacción, pero os caldenses saíron a por todas, e con dous goles máis de Dani no 32 e no 33, colleron unha distancia no marcador que foi definitiva, quedando o resultado xa nese 0-3.

Bo traballo de ambos equipos, a seguir así!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Brais, Saúl, Anxo, Alejandro, Hugo, Álex, Jorge, David, Aday e Rubén.

Caldas C.F.: Sergio, Anxo, Iago, Dani, Hugo, Marcos, Iago García, Iker, Dani e Anxo Ruibal.

Goles: 0-1 Dani (min. 15); 0-2 Dani (min. 32); 0-3 Dani (min. 33).

Infantiles 4 – 1 Céltiga F.C. «B»

Os Infantiles tiveron que agardar á mañán do domingo para desputar o seu encontro ligueiro. Un encontro ante un rival duro, o Céltiga F.C. «B». Os rapaces de Sara saíron un chismo durmidos a este encontro, e o Céltiga moi enchufado, feito que aproveitaron os visitantes para adiantarse co 0-1 aos 8 minutos de encontro.

A reacción morañesa fíxose esperar, e non chegou ata o 25 por medio de Álex, deixando o 1-1 antes do descanso. Na reanudación o encontro seguía igualado, pero Javi poñía en vantaxe aos nosos no 55. Co 2-1, o Moraña daba un paso importante pero non definitivo, que non se certificou ata o tramo final no que Álex lograba o 3-1 (min.69) e o 4-1 (min. 76) que foi o resultado final.

Gran reacción dos Infantiles, noraboa rapaces!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Óscar, Anxo, Álvaro, Lucas, Pablo, Mateo, Abel, Alex, Hugo, Damián e Iván. Tamén xogaron André, Javi, Sergio, Marta e Joel.

Céltiga F.C. «B»: Ramon, Aimar, Miguel, Dani, Iago, Borja, Jonathan, Eloy, Aarón, Iván e Iago. Tamén xogaron Manuel, Julián, Rubén, Bruno e Alexandre.

Goles: 0-1 Jonathan (min. 8); 1-1 Álex (min. 25); 2-1 Javi (min. 55); 3-1 Álex (min. 69); 4-1 Álex (min. 76).

Cadetes 1 – 2 Portonovo S.D. «B»

Os Cadetes xogaron na tardiña do sábado o seu encontro de Liga ante o filial do Portonovo. Un encontro no que o míster lle deu a alternativa a varios xogadores infantiles.

O encontro estivo marcado pola igualdade e, novamente, pola falta de acerdo de cara a gol dos Cadetes, o gran problema que están a vivir nesta tempada. O Portonovo logrou vantaxe no electrónico ao cuarto de hora, por medio de Xavier. Chegouse ao descanso con esta vantaxe pola mínima.

Tralo receso, o Moraña buscou a reacción con forzas renovadas, pero o Portonovo volvía a golpear cun gol de novo de Xavier no 45. Con este 0-2 estaban as cousas costa arriba para os nosos, que non se rendiron. Pero como xa comentamos, a falta de acerto segue a ser un gran hándicap para este equipo e o gol que acurtaba a renta, non chegou ata case o final do encontro. Facía Isma o 1-2 no 80 e xa case non houbo tempo para máis.

Moito ánimo e a seguir traballando!!!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Jorge, Isma, Isaac, Adonis, Rubén, Pablo Fraga, Edu, David, Raúl, Domi e Lucas. Tamén xogaron Pablo Sende, Iván e Álex

Portonovo S.D. «B»: Joel, David, Moisés, Dani, Carlos, Sergio. Miguel, Carlos, Xavier, Castro e Juan. Tamén xogaron Iván, Marcos e Mateo.

Goles: 0-1 Xavier (min. 15); 0-2 Xavier (min. 45); 1-2 Isma (min. 80)

 

Compárteo!

Deixa un Comentario