Só tivemos tres encontros da base esta fin de semana, aquí vos deixamos as crónicas.

Indepo C.F. 7 – 0 Prebenxamíns

Os Prebenxamíns viaxaron na mañán do domingo ao Príncipe Felipe, para enfrontarse ao INDEPO C.F. Os nosos peques deron un paso adiante máis na súa evolución como futbolistas, enfrontándose a un rival moi potenten físicamente. Aguantaron ben o tirón nos primeiros 25 minutos, chegando ao descanso con desvantaxe de dous goles, pero esta superioridade física notouse moito máis no segundo tempo, no que os pontevedreses aumentaron a renta ata o 7-0 final.

A seguir traballando e mellorando, rapaces!!

 

Ficha Técnica

Indepo C.F.: Miguel, Hugo, Saúl, Nil, Adrián, Elmehdi, Fernando, Anxo, Alex e Enrique

Moraña C.F.: Antón, Saúl, Adrián, Lucas, Fernando, Pedro, Alba, Hugo, Anxo, Iago e Héctor

Goles: Elmehdi (2), Nil (2), Enrique, Álex e Adrián.

 

Atl. Cuntis 1 – 0 Cadetes

Interesante derbi o que se viviu na mañán do sábado no campo de A Ran, entre o Cuntis e o Moraña. Un partido intenso que se definiu pola falta de acerto dos nosos de cara a gol.

Os rapaces de Alberto saíron concentrados ao encontro, pero encaixaron cedo un gol (Miguel, no minuto 9) que condicionou o encontro. Esta vantaxe tan tempraneira do Cuntis e o feito de non ser quen de concretar as ocasións en goles, facía que o encontro tirara cada vez máis cara unha situación peliaguda, cun Moraña que debía tomar máis riscos, e un Cuntis que podía matar á contra.

Ao final, este foi o único tanto do encontro, que o decantou para o lado cuntiense e que fixo que os puntos se quedasen na Ran. Ánimo a os Cadetes, a seguir pelexando e traballando.

Ficha Técnica

Atl. Cuntis: Adrián, David, Ramiro, David, Raúl, Marco, Martín, Tomás, Álex, Diego e Gabriel. Tamén xogaron Andrés, Santiago, Fran, Alex e David.

Moraña C.F.: Iván, Isma, Sende, Adonis, Rubén, Pablo Fraga, David, Edu, Pereira, Jorge e Domi. Tamén xogaron Anxo, Raúl, Lucas e Álex.

Goles: 1-0 Miguel (min. 9)

Xuveniles 1 – 3 San Martín C.F.

Recibían os nosos Xuveniles ao San Martín o sábado no Buelo, buscando facer un bo partido e sacar puntos. Os nosos comezaron ben, adiantándose cedo no marcador cun gol de Pablo González no minuto 7. Este gol deu ánimos e folgos aos nosos para sacar o encontro adiante, pero antes da media hora, Marcos facía a igualada para o San Martín. Este foi o resultado ao descanso.

Na reanudación estivo a chave: o San Martín acadaba a vantaxe cedo, no 46, e este 1-2 foi un golpe sicolóxico moi forte para os nosos xuveniles. Malia todo non baixaron os brazos e foron a polo empate, pero no 75 Pedro facía a sentencia, ao marcar o 1-3. Este foi o resultado final.

A seguir remando, Xuveniles e a dalo todo!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Senín, Manu Sayáns, Alex, David, Pablo González, Abalo, Reboredo, Andrés, Marquitos, Fervenza e Xián. Tamén xogaron Pablo, ADri e Saúl.

San Martín C.F.: Antón, Alejandro, Luis, Víctor, Pablo, Jose, Marcos, Manuel, Andrés, Yago e Pedro. Tamén xogaron Javier, Isma, Jorge e Falcón.

Goles: 1-0 Pablo González (min. 7); 1-1 Marcos (min. 27); 2-1 Marcos (min. 46); 1-3 Pedro (min. 75).

Compárteo!

Deixa un Comentario