Aquí vos deixamos o resumo de todos os encontros que xogaron as distintas categorías do Moraña C.F. esta fin de semana!

A.C.D. A Seca 6 – 2 Prebenxamíns C.F. «B»

Os Pres volveron a visitar a Xunqueira na tarde do sábado, para xogar ante a A.C.D. A Seca o seu encontro ligueiro. Foi un bo partido por parte dos dous conxuntos, máis igualado na primeira parte, na que se chegou co 1-1 ao descanso e que se decantou para os locais na segunda metade grazas a dous rápidos goles de Jacobo que puxo a A.C.D. A Seca en vantaxe.

Resultado final tralos 50 minutos, 6-2. Bo traballo!!

Ficha Técnica

A.C.D. A Seca:  Gorka, Antía, David, Diego, Yeray, Jacobo, Roi, Iván, Omar, Brais, Alejandro e Agustín.

Moraña C.F.: Antón, Adri, Lucas, Iago, Fernando, Alba, Anxo, Héctor, Saúl, Pedro e Hugo.

Goles: 0-1 Saúl (min. 8); 1-1 Yeray (min. 13); 2-1 Jacobo (min. 26); 3-1 Jacobo (min, 26); 4-1 Roi (min. 30); 5-1 Iván (min. 32); 6-1 Iván (min. 42); 6-2 Adri (min. 43)

Benxamín «A» 2 – 1 Arosa Promesas

O Benxamín «A» recibía na casa ao Arosa Promesas en encontro de Liga o sábado pola mañán. Os nosos tiveron que remar moito para poder sacar e encontro adiante, xa que os arosanos se adiantaban cedo con gol de Ernesto no minuto 3. Lucas lograba empatar antes de que se cumplira o 10, e xusto antes do descanso Iago poñía o 2-1, que tras unha segunda parte sen goles se convertía no resultado final.

Gran partido dos dous equipos, noraboa a ambos!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Darío Leboso, Pablo, Aitor, Xabi, Iker, Iago, Lucas, Ethan, Darío Redondo, Aleixo, David e Nico.

Arosa Promesas C.F.: Alejandro, Mateo, Iago, Vilas, Mateo, Pedro, Alejandro, Ernesto, Marcos, Martín e Lucas.

Goles: 0-1 Ernesto (min. 3); 1-1 Lucas (min. 8); 2-1 Iago (min. 19).

S.D. Chispa 0 – 6 Benxamín «B»

O Benxamín «B» chegaba ao seu encontro do sábado ante o S.D. Chispa cos deberes xa feitos, e co título de liga no peto. Os de Chucho, pese a este feito, non se deixaron nada e saíron con forza ao encontro, poñéndose rápido por diante. Fixeron un gran partido os nosos, que lles valeu para acadar un claro 0-6 no resultado final. Noraboa!

Dende o Moraña C.F. queremos agradecer e destacar o gran xesto da S.D. Chispa, que lle fixo o «pasillo» aos nosos rapaces ao xogar este encontro como Campións de Liga.

Ficha Técnica

S.D. Chispa.: Álex, Xian, Anxo, Iría, Brais, Iker, Borja, Anxo, Leo e Hugo.

Moraña C.F.: Óscar, Roi, Aarón, Xoel, Mario, ,Mateo, Mauro, Yosi, Pablo e Joel.

Goles: 0-1 Yosi (min. 2); 0-2 Xoel (min. 3); 0-3 Xoel (min. 6); 0-4 Xoel (min. 14); 0-5 Mario (min. 29); 0-6 Joel (min. 42).

Alevíns 7 – 3 Juv. Cambados

Os Alevíns xogaron na mañán do sábado un encontro moi emocionante, que a pesares do resultado final foi moi reñido. Adiantáronse os nosos, igualando os cambadeses no 16. De novo Aday antes do descanso volvía a poñer ao Moraña C.F. por diante, pero Iván igualaba case co pitido. No comezo da segunda parte, David poñía por diante aos visitantes no 30 e aquí chegou o sprint final morañés, que nos últimos 13 minutos facían ata 4 goles.

Gran remontada e gran traballo Alevíns!

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Rubén, Saúl, Anxo, Alejandro, Hugo, Jorge, David, Aday, Alexandre e Brais.

Juv. Cambados: Isaac, Lucas, Iván, Santi, Raúl, Agamenón, Iker, Unai, David, Gabriel e Ramón.

Goles: David (3), Aday (2), Alejandro e Hugo.

Infantiles 6 – 2 E.F.B. Cangas

Os Infantiles acadaron a victoria ante a E.F.B.Cangas grazas a unha gran segunda parte, tras un primeiro tempo moi igualado no que os cangueses se adiantaron por medio de Lagoa, e Javi facía a igualada.

A chave estivo no primeiro treito do segundo acto, cando os nosos puxeron terra de por medio con dous goles de Domi (min, 47 e 48) que lle poñían o encontro moi costa arriba aos visitantes. Completaron a goleada Pablo no 63, Amestoy no 68 e Javi no 75. Fixo o segundo para a E.F.B. Andrés case co pitido final, deixando o electrónico no definitivo 6-2.

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Oscar, Dani Fontán, Anxo, Álvaro, Lucas, Pablo, Abel, Alex, Domi, Amestoy e Javi. Tamén xogaron André, Damián, Sergio e Joel.

E.F.B. Cangas: Álex, Miguel, David, Raúl, Alan, Cristian, Miguel, Anxo, Lagoa, Ángel e Andrés. Tamén xogaron Fabian, Dani, Marcos e David.

Goles: 0-1 Lagoa (min. 33); 1-1 Javi (min.35); 2-1 Domi (min. 47); 3-1 Domi (min. 48); 4-1 Pablo (min. 63); 5-1 Amestoy (min. 68); 6-1 Javi (min. 75); 6-2 Andrés (min. 79).

Cadetes 2 – 2 E.F. Cobres

Reparto de puntos entre Moraña e E.F. Cobres na mañán do sábado no Buelo no encontro de Cadetes. Un partido que comezou mal para os nosos, cun gol moi rápido de Yago Campo no minuto 2 que poñía aos nosos en dificultades. Pero antes do descanso os nosos xa lle deran a volta ao encontro, con goles de Pereira no 16 e de Pablo Fraga no 37. A segunda parte foi aínda máis igualada, con ocasións para os dous equipos. Parecía que os puntos ían a quedar en Moraña, pero a falta de 9 minutos, Iván facía o definitivo 2-2 e certificaba o empate.

Gran traballo dos dous equipos.

Ficha Técnica

Moraña C.F.: Jorge, Isma, Pablo Sende, Adonis, Rubén, Pablo Fraga, David, Edu, Pereira, Raúl e Jonathan. Tamén xogaron Iván e Dani.

E.F. Cobres: Pablo, Alex, Fran, Mateo, Iván, Noel, Yago, Corredoira, Raúl, Campo e Pablo. Tamén xogaron Diego, Arón, Álvaro, David e Borja.

Goles: 0-1 Campo (min. 2); 1-1 Pereira (min. 16); 2-1 Pablo Fraga (min. 37); 2-2 Iván (min. 71).

Compárteo!

Deixa un Comentario